• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A RFG estrea no Teatro Afundación unha das 16 «cometas» encargadas polo seu 30.º aniversario
Sala de prensa
A RFG estrea no Teatro Afundación unha das 16 «cometas» encargadas polo seu 30.º aniversario

A RFG estrea no Teatro Afundación unha das 16 «cometas» encargadas polo seu 30.º aniversario

luns, 03 de novembro de 2025
Cultura

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) preséntase no Teatro Afundación o vindeiro mércores 12 de novembro nun concerto con dúas estreas: a da Cometa encargada a Leticia Goás (A Coruña, 1999), e a da obra Clara, da compositora mexicana Gabriela Ortiz. A peza está dedicada á pianista e compositora Clara Schumann (1819 – 1896), unha das grandes concertistas do seu tempo e esposa do tamén músico Robert Schumann (1810 – 1856) na difusión de cuxa obra desempeñou un papel fundamental. O concerto, no que levará a batuta o director titular de Real Filharmonía de Galicia, Waldur Brönnimann, forma parte da Tempada de Abonos de Clásica da Obra Social de ABANCA en Vigo. As persoas que non dispoñen de abono a prezo reducido poden conseguir entradas para o concerto en Ataquilla.com.

 

A familia Schumann

No concerto, que leva por título A familia Schumann, a RFG fará dialogar as composicións de Leticia Goás e de Gabriela Ortiz coa Sinfonía núm. 3 en Mi bemol mayor, Op. 97 Renana de Robert Schumann. Dende a RFG sinalan que a peza creada por Ortiz, Clara, «é unha obra en cinco movementos que evoca momentos da súa intensa relación con Robert Schumann». Trátase do mesmo número de movementos que ten tamén a Sinfonía núm. 3, que pecha o programa e que «Schumann compuxo», explican dende a Real Filharmonía, «evocando a viaxe que realizaron o matrimonio e os seus sete fillos pola Renania, acompañándoo no seu novo cargo como mestre de capela en Düsseldorf. Todos os estados de ánimo polos que transitou nese período están presentes nesta partitura».

Pianista e compositora, Clara Wieck, polo seu apelido previo ao matrimonio, foi durante moito tempo o sostén económico da familia. Coma concertista, tocaba nos principais escenarios de Europa. Só co violinista húngaro Joseph Joachim, considerado un dos máis importantes da historia, tocou en preto de 240 concertos en Alemaña e Inglaterra.

 

A cometa de Leticia Goás

As pezas dos Schumann soarán despois da estrea da Cometa de Leticia Goás que inaugura o concerto. A compositora coruñesa, radicada en Zürich (Suiza) e con obra estreada en Alemaña, España e o país helvético, é un dos novos talentos da composición en Europa. Colabora tamén habitualmente con videoxogos, películas, ou con proxectos relacionados con música electrónica e danza contemporánea.

A de Leticia Goás é unha das 16 cometas encargadas pola Real Filharmonía de Galicia (RFG) para conmemorar o seu trixésimo aniversario, que se cumpre en 2026. Son, as cometas conmemorativas da RFG, breves obras sinfónicas, de ata 5 minutos de duración. 8 delas están asinadas por autoras e autores de Galicia; as outras 8 compuxéronas profesionais do resto de España.

 

«Cultura por alimentos»

A Tempada de Abonos de Clásica Teatro Afundación forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes aos concertos poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin no Teatro Afundación de Vigo. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

 

Imaxes dispoñibles nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078