• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A RFG estrea o 7 de novembro na Sede de Afundación a obra breve Cometa, da compositora Núria Giménez-Comas
Sala de prensa
A RFG estrea o 7 de novembro na Sede de Afundación a obra breve Cometa, da compositora Núria Giménez-Comas

A RFG estrea o 7 de novembro na Sede de Afundación a obra breve Cometa, da compositora Núria Giménez-Comas

luns, 27 de outubro de 2025
Cultura

O Auditorio da Sede de Afundación en Pontevedra acollerá o 7 de novembro a estrea dunha das 16 cometas encargadas pola Real Filharmonía de Galicia (RFG) a outros tantos compositores e compositoras para conmemorar o seu trixésimo aniversario, que se cumpre en 2026. Son, as cometas conmemorativas da RFG, breves obras sinfónicas, de ata 5 minutos de duración. Oito delas están asinadas por autoras e autores de Galicia; as outras 8 compuxéronas profesionais do resto de España. O concerto, no que a formación musical compostelá estará dirixida pola alemá Ruth Reinhardt, comeza coa estrea da Cometa da compositora catalá Núria Giménez-Comas e dá paso logo a creacións de Hubert Parry, Detlev Glanert, e Johannes Brahms. Os membros da Sociedad Filarmónica de Pontevedra, que colabora na organización da sesión musical, poderán recoller as súas entradas os días 5 e 6 de novembro na sede da organización ou, o mesmo día 7, no Auditorio de Afundación. Tamén hai entradas á disposición do público xeral en Ataquilla.com.

As 16 cometas encargadas pola Real Filharmonía de Galicia sumaranse durante os concertos da tempada 2025-2026 ás grandes obras do repertorio sinfónico da orquestra. Explican, dende a RFG, que queren establecer así «un diálogo entre o pasado, o presente e o futuro da música. Imaxinamos estas obras como raios de luz, reflexións sonoras que, xuntas, construirán un mosaico diverso e vibrante da música contemporánea».

 

De Giménez-Comas a Rainhardt

A autora da obra sinfónica que será estreada en Pontevedra, Núria Giménez-Comas (Girona, 1980) é unha das compositoras catalás con maior proxección e actividade internacional. Moi interesada na música mixta, a súa obra foi interpretada por recoñecidos ensembles e orquestras en todo o mundo. Colabora habitualmente con orquestras de prestixio e recoñecidos directores e directoras. Fixo obras por encarga para entidades coma o parisiense Ircam-Centre Pompidou ou o Gran Teatre del Liceu de Barcelona.

A súa Cometa estrearase baixo a dirección da alemá Ruth Reinhardt. Actualmente directora musical da Filharmónica de Rhode Island (EE.UU), Reinhardt (1988) formouse no seu país natal e nos Estados Unidos, onde desenvolve unha parte importante da súa carreira. Está especialmente centrada en composicións creadas desde Europa, con énfase significativa en compositoras da segunda metade do século XX e principios do século XXI. Dirixe e dirixiu importantes orquestras de Europa e os Estados Unidos.

 

Repertorio

A Cometa de Núria Giménez-Comas será a primeira composición que se escoite no concerto do 7 de novembro no Auditorio da Sede da Obra Social de ABANCA. Despois, a RFG interpretará a Elexía para Brahms en La menor de Hubert Parry (Inglaterra, 1848).

Séguea a obra de Idyllium, de Detlev Glanert (Alemaña, 1960), que tamén homenaxea a Johannes Brahms. «Por iso só podía ser Brahms», explican dende a RFG, «quen puxese o broche final ao programa coa Serenata núm. 2, dedicada á que foi a súa musa, Clara Schumann».

 

«Cultura por alimentos»

O concerto da RFG no Auditorio da Sede de Afundación forma parte do programa «Cultura por alimentos», que a Obra Social de ABANCA leva a cabo en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). As persoas asistentes poderán entregar alimentos non perecedoiros no acceso á sede de Afundación en Pontevedra para a súa distribución entre persoas e familias en risco de exclusión.

 

 

Hai imaxes de Ruth Reinhardt e da RFG nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078