• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A Real Filharmonía de Galicia celebra este mércores co público de Vigo no Teatro Afundación os seus trinta anos de historia
Sala de prensa
A Real Filharmonía de Galicia celebra este mércores co público de Vigo no Teatro Afundación os seus trinta anos de historia

A Real Filharmonía de Galicia celebra este mércores co público de Vigo no Teatro Afundación os seus trinta anos de historia

luns, 02 de marzo de 2026
Cultura

«A Real Filharmonía é moito máis ca unha institución musical: é un espazo de encontro, unha voz colectiva e un reflexo da sociedade galega». Así o asegura o director titular da RFG, o suízo Baldur Brönnimann, no libreto de presentación da actual tempada da orquestra. Dedica o texto, Brönniman, aos 30 anos de historia da Real Filharmonía. E á efeméride dedicarán tamén o seu concerto no Teatro Afundación deste mércores, 4 de marzo -20:00 horas-. A orquestra estará arroupada por 994 persoas, tantas coma butacas hai no teatro. As entradas esgotáronse en Ataquilla.com.

A sesión musical, denominada «Historias da historia», ten un programa sorpresa. A Real Filharmonía estará dirixida polo propio Baldur Brönnimann. O de Vigo é o segundo dos catro concertos de celebración do aniversario que terán dado noutras tantas cidades de Galicia cando acabe esta semana. A primeira das citas, o pasado sábado, foi no compostelán Auditorio de Galicia, onde reside a orquestra. Despois do concerto de Vigo, irán á Coruña e Ferrol.

 

Orixe e futuro

«Este aniversario non é só unha mirada agradecida ao pasado, senón tamén unha ocasión para celebrar o presente e proxectar, con ilusión e compromiso, o futuro da Real Filharmonía», defende Brönnimann. E así o demostrou, ademais, no primeiro dos concertos de celebración, o de Compostela.

Estrearon Spin, do compositor rianxeiro Antón Alcalde, unha desas 16 pezas breves que na RFG denominan «Cometas» e que encargaron a 8 compositoras e compositores de Galicia e outras tantas do resto de España. E houbo outras sorpresas, coma a participación do Orfeón Terra A Nosa e a intervención, á batuta, de Paul Daniel, que fora director titular da RFG entre 2013 e 2022.

A RFG tamén sorprenderá ao público do Teatro Afundación. O seu director titular dá no libreto da tempada unha pista sobre o impulso que guía a programación da temporada: «Conectar as músicas do pasado que deron pé a obras futuras».

 

Tempada de abonos de clásica

O concerto que dará este mércores a Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación forma parte da Tempada de Abonos de clásica da Obra Social de ABANCA en Vigo. A seguinte sesión musical programada será o 22 de abril, de novo coa Real Filharmonía e con Paul Daniel á batuta. Xa o 4 de maio, o Quinteto Lunfardo, de Arxentina, presentarase acompañado da parella de baile que conforman Gladys e Óscar Zalazar nun concerto en cuxo repertorio haberá coñecidas composicións musicais do país austral coma La Cumparsita ou Adiós Nonino. Ambas as actuacións da Orquestra Sinfónica de Galicia -14 de maio- e da Real Filharmonía, o 3 de xuño, completan a programación de música de abono do primeiro semestre de 2026.

Os abonos con prezo reducido para asistir aos concertos poden adquirirse antes do inicio de cada metade de tempada. Normalmente, a finais de ano ou no verán, dado que a segunda parte da programación de cada ano comeza en setembro logo da pausa estival. Hai un prazo inicial, preferente, para que as persoas que xa dispoñen de abono poidan renovalo. Despois ábrese un prazo para persoas que queiran abonarse por vez primeira. As persoas que non dispoñen de abono con prezo reducido poden asistir aos concertos mercando entradas individuais para cada un deles.

 

«Cultura por alimentos»

A Tempada de abonos de clásica forma parte do programa «Cultura por alimentos», desenvolvido por Afundación en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores habilitados no teatro. A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartirá as doazóns entre familias en risco de exclusión da zona de Vigo.

 

Hai imaxes dalgúns da RFG nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078