• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A Real Filharmonía de Galicia abre a nova Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación
Sala de prensa
A Real Filharmonía de Galicia abre a nova Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación

A Real Filharmonía de Galicia abre a nova Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación

xoves, 29 de xaneiro de 2026
Cultura

A nova Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación en Vigo comeza mañá, venres 30 de xaneiro de 2026, cunha estrea mundial: unha obra curta, ou cometa, como denomina a Real Filharmonía de Galicia (RFG) as pezas breves que encargou para celebrar o seu trixésimo aniversario, composta polo músico Voro García e titulada Muffled cry (Berro afogado). A agrupación estará dirixida por Baldur Brönnimann e interpretará tamén obras de Serguéi Prokófiev e Jean Sibelius. As entradas, para todas aquelas personas que non adquirisen os abonos, están dispoñibles en Ataquilla.com.

Tras o concerto inaugural da Tempada de Abonos de Clásica coa RFG, e ata a interrupción estival, o programa inclúe outros seis recitais. Tres serán da propia Real Filharmonía, un da Sinfónica de Galicia, e outros dous correrán a cargo de dous quintetos: o de corda da Filarmónica de Berlín e o Quinteto Lunfardo, composto por músicos de Uruguai e Arxentina radicados en Europa.

 

Música de corda desde Berlín

A segunda cita da Tempada de Abonos de Clásica será o mércores 25 de febreiro, ás 20 horas. O quinteto de corda da Filharmónica de Berlín dará un concerto cuxo programa inclúe o Quinteto para clarinete en la maior, K581 de Mozart, e o Quinteto de corda núm. 3 en mi bemol maior, op. 97 «American» de Dvořák.

A RFG volverá subirse ao escenario do Teatro Afundación o 4 de marzo  cun programa sorpresa para o concerto o que celebrará, ante o seu público de Vigo, as súas tres décadas de andaina. Levará a batuta o director oficial da formación, Baldur Brönnimann.

Xa o 22 de abril, e na súa terceira sesión do ano en Vigo, a Real Filharmonía comparecerá co inglés Paul Daniel á batuta.

Daniel foi director da RFG entre 2013 e 2022 e é bo coñecedor do público de Vigo, o Teatro Afundación, e a programación estable de música clásica na cidade promovida pola Obra Social de ABANCA na cidade. Ao comezo da sesión musical dirixida por Paul Daniel, outra estrea absoluta: a cometa titulada Mares de Historias e creada polo compositor e pianista bilbaíno Gabriel Erkoreka. Despois interpretarán Mar ao norde, do recoñecido compositor compostelán Fernando Buide (1980). Soarán, ademais, pezas de Benjamin Britten e Jean Sibelius.

 

 

«Cultura por alimentos»

A tempada de clásica do Teatro Afundación forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos. Os asistentes aos concertos poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin no Teatro Afundación de Vigo.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078