• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A programación cultural de Afundación, un referente na inclusión da discapacidade que continuará neste novo curso
Sala de prensa
A programación cultural de Afundación, un referente na inclusión da discapacidade que continuará neste novo curso

A programación cultural de Afundación, un referente na inclusión da discapacidade que continuará neste novo curso

martes, 26 de agosto de 2025
Cultura

A Obra Social de ABANCA é unha entidade cun sólido compromiso social que, na área de cultura, tradúcese na programación de actividades deseñadas desde unha perspectiva inclusiva, na que todas e todos contamos. Deste xeito, máis aló de desenvolver iniciativas específicas para os públicos con discapacidades, o propósito de Afundación reside en favorecer as propostas integradoras nas que nos atopemos nas nosas diferenzas e parecidos. Con esta vocación inclusiva, ao longo do primeiro semestre de 2025, máis de setenta e cinco mil persoas participaron nos programas que desde Afundación implementáronse nesta liña e que abarcaron disciplinas como a danza, a música, a plástica ou as artes escénicas, e que propiciaron que a Obra Social de ABANCA estea presente en comunidades como Estremadura, Castela e León, Madrid ou Asturias, ademais da súa programación estable en Galicia.

Neste novo curso, Afundación continuará dinamizando as propostas que, conxugando cultura e inclusión, favorezan o avance e o progreso cara a unha sociedade máis cohesionada.

O material gráfico está dispoñible aquí.

 

 

Música a flor de pel

«Música a flor de pel», o programa de concertos programados centros de educación especial, está deseñado a partir do coñecemento dos beneficios que a música en directo achega para a xestión das emocións, a diminución de medos e tensións, o desenvolvemento sensorial e perceptivo, o fomento da creatividade ou o reforzo da comunicación, entre outros. Ás propostas de música tradicional e popular de Carlos Quintá e do grupo De T@apas, da Fundación Igualarche, súmase a actuación do músico e experto en percuterapia Pedro Campos. Trátase dunha actividade cunha altísima demandada por parte dos centros de educación especial.

Como novidade, Afundación inicia este curso escolar un proxecto de talleres presenciais dirixido ao persoal docente e de apoio de todos os centros de educación especial de Galicia. Conscientes da importancia da música como canle de comunicación e incentivo para melloras cognitivas, socioemocionais e motrices poñemos en marcha unha actividade chea de emocións e sentimentos co obxectivo de axudar o persoal docente a levar novos recursos non só á aula, senón tamén ás súas vidas.

 

Todas e todos contamos

Esforzo, empatía, aceptación da diferenza, respecto ou reforzo da autoestima son algunhas das aprendizaxes presentes en «Todas e todos contamos», unha actividade impartida nos centros escolares por persoas con discapacidade funcional que desenvolven con alumnos de diferentes idades talleres de creatividade, unha aposta decidida pola integración que favorece o avance cara a unha sociedade equitativa e xusta. Esta innovadora proposta pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta a inserción laboral de persoas con discapacidade e promove a súa autoestima e confianza ao exercer un rol activo na sociedade.

 

Artes escénicas para escolares

A través de propostas innovadoras, que o equipo de Afundación selecciona con atención á ética da mensaxe, a solidez argumental e o coidado na representación e escenografía, as obras de teatro presentadas por Afundación procuran abrir temas de debate e abordar cuestións actuais de interese para o público escolar e que, ademais, ábrense para incluír representacións signadas que facilitan a participación nesta programación do alumnado con discapacidade auditiva.

 

Talleres paralelos ás exposicións de Afundación

Na práctica totalidade das mostras, xa sexa en centros da Obra Social de ABANCA ou en espazos de terceiros vinculados a proxectos como «Corrente cultural», Afundación deseña completos programas didácticos específicos para cada exposición que atenden as particularidades das diferentes etapas educativas e vitais dos públicos en idade escolar que visitan as mostras de Afundación. Esta actividade recibe numerosas visitas de centros de educación especial, asociacións e colectivos vinculados á discapacidade, que gozan dunha visita e taller adaptada sempre ao perfil dos asistentes.

 

«Educación século XXI»

As conferencias e encontros que Afundación propón anualmente no marco deste foro abordan desde problemáticas ata innovacións que se producen no contexto escolar, familiar e de relación. Así, e desde unha comprometida visión social, a Obra Social de ABANCA promove a necesidade de falar sobre a diversidade e o seu potencial, os prexuízos das situacións de acoso, tanto presenciais como en redes, os riscos de desenvolver patoloxías mentais entre adolescentes ante o abuso de pantallas e sobre exposición a redes sociais, as dependencias que xeran tanto dispositivos como substancias ou a atención á saúde mental nos centros educativos. Neste novo curso contaremos cos relatorios, entre outros, de Luis Ferrer i Balsebre, María de los Ángeles García García (Boticaria García), Francisco Martelo, Daniel Millán e María del Pilar de Castro Manglano, nas que se abordarán temas como o espectro autista, a correcta alimentación para unha activa función neuronal, o TDAH ou a arte e a aceptación da persoa para axudar á saúde emocional.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078