• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A Obra Social de ABANCA convoca o Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba
Sala de prensa
A Obra Social de ABANCA convoca o Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba

A Obra Social de ABANCA convoca o Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba

mércores, 20 de maio de 2026
Cultura

O vicedecano dos premios dedicados ao xornalismo de opinión e literario convocados desde España alcanza a súa cuadraxésima sétima edición. As bases da nova convocatoria do Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba xa poden ser consultadas e descargadas no sitio web de Óbra Social de ABANCA. O prazo de recepción de candidaturas está aberto. Haberá un primeiro premio de 10.000 euros e senllos premios de 2.000€ para cada un dos  dous artigos finalistas.

 

O Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba distingue artigos literarios ou  de opinión escritos en idioma castelán, asinados ou con pseudónimo, e cunha extensión máxima de mil duascentas palabras. As candidaturas polas persoas autoras dos artigos, por outras persoas ou por institucións de recoñecida traxectoria. Poderán participar artigos que fosen publicados entre o 1 de setembro de 2025 e o 31 de agosto de 2026. O prazo de recepción de candidaturas expira o 10 de setembro de 2026. O premio entregarase a comezos de 2027 nun acto público en Madrid.

 

 

O formulario en liña a través do  que cada aspirante poderá rexistrar a súa candidatura está no sitio web de Afundación, onde ademais poden consultarse as bases da convocatoria.

 

Candidaturas de 17 países na anterior convocatoria

Na anterior edición do galardón houbo 238 candidaturas chegadas de 17 países. Un 25% dos artigos propostos procederon de países americanos, incluídos os Estados Unidos. Xa sucedera na edición de 2024, a inmediatamente anterior. O galardón, un dos máis importantes do ámbito hispano-falante por dotación e traxectoria, avanza na súa repercusión internacional.

O Premio Internacional Afundación de Jornalismo Julio Camba volverá ter un xurado integrado por voces de prestixio do xornalismo e das letras. A súa composición será dada a coñecer publicamente antes de que termine o prazo de presentación de candidaturas.

O xurado reunirase antes de que acabe 2026 e fará unha primeira selección para designar 3 artigos como finalistas. O mesmo día no que se celebra a gala de entrega do premio, a comezos de 2027, o xurado volverá a deliberar para decidir cal dos tres artigos resulta gañador. Inmediatamente despois procederase ao acto de entrega.

Os artigos participantes deberán ser publicados en medios de comunicación escritos, impresos ou dixitais, tales como xornais ou revistas. O xurado traballará co mandato, establecido nas bases do premio, de valorar os artigos, conforme a criterios de calidade e creatividade e a súa aposta pola promoción de valores cívicos e éticos que contribúan co desenvolvemento de sociedades máis informadas, críticas e responsables. Non poderán presentarse textos publicados en bitácoras ou blogs de carácter individual ou en soportes de comunicación corporativos.

 

Un premio con una gran historia

O Premio Internacional Afundación de Jornalismo Julio Camba é, pola súa traxectoria e dotación, un dos máis importantes do ámbito do xornalismo en español. Desde que o xornalista Gonzalo Fernández da Moura gañou a primeira edición, en 1980 e cun xurado presidido polo escritor Gonzalo Torrente Ballester, mereceron o galardón artigos de xornalistas como Luciano del Río Besada, Carlos García Bayón, Alfredo Conde, Bernardo Víctor Carande, Antonio Odriozola, Raimundo García Fernández, Adolfo Prego, José Montero Alonso, Rafael Landín Carrasco, Julio Sierra, Xesús Ferro Ruibal, Arturo Lezcano Fernández, Santiago Castelo, Torcuato Luca de Tena, Carlos Casares, Miguel Ángel Cuadrado, Juan Manuel de Prada Blanco, Diego Bernal López, Alfonso Eire López, César Casal González, Miguel Suárez Abel, Manuel Rivas Barros, Manuel Jabois, Marino Gómez Santos, Eugenio Fuente, Fernando Savater, Felipe Benítez Reyes, Andrés Trapiello, Pedro Ugarte Tamayo, Ángela Vallvey Arévalo, Ramón Pernas López, José Manuel Otero Lastres, Ángeles Caso, Luis Ventoso, Ignacio Camacho, Ramón Loureiro Calvo, Miguel Anxo Murado, Ricardo Fernández Colmenero, Cristina Sánchez Andrade, Luís Pousa, Bibiana Candia, Manuel de Lorenzo Paradela, María Sánchez, Alberto Olmos e Noemí Sabugal.

 

JULIO CAMBA

Julio Camba (Vilanova de Arousa, 1884 – Madrid, 1962) pertence á estirpe dos grandes escritores que desenvolveron boa parte da súa actividade nos xornais, do mesmo xeito que Wenceslao Fernández Flórez, Josep Pla, Azorín, Álvaro Cunqueiro, Max Aub, Corpus Barga… Personaxe de biografía viaxante, correspondente en distintos países, autor de espírito libre e talante liberal, a súa obra foi recollida en diversos volumes e é estudada tanto as facultades de Literatura como de Xornalismo. Entre os seus títulos máis coñecidos destacan Haciendo la República (1934), Aventuras de una peseta (1942), La ciudad automática (1942), Alemania, impresiones de un español (1947), La rana viajera (1947), Un año en el otro mundo (1959), La casa de Lúculo o el arte de comer (1961), etc. A súa obra caracterízase pola imaxinación e o humor, a capacidade de observación e un espírito crítico, literario, que captura ao lector con intelixencia e extraordinaria eficacia, valores que se procuran mediante a convocatoria deste premio.

 

Imaxes da cerimonia de entrega de premios da anterior edición nesta ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078