• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A obra de Tino Grandío dialoga na Sede de Afundación en Lugo con creacións de 12 artistas actuais de Galicia
Sala de prensa
A obra de Tino Grandío dialoga na Sede de Afundación en Lugo con creacións de 12 artistas actuais de Galicia

A obra de Tino Grandío dialoga na Sede de Afundación en Lugo con creacións de 12 artistas actuais de Galicia

xoves, 12 de marzo de 2026
Cultura

A obra de Tino Grandío (Guntín, 1924 – 1977) volve á súa cidade, Lugo, e regresa acompañada por creacións de artistas da Galicia actual. Sucede apenas un ano antes de que se conmemoren 50 anos do falecemento en Lugo de Grandío, que  foi un dos grandes pintores galegos do século XX. Ese diálogo, entre obras de quen construíu unha aplaudida traxectoria, adiantándose en moitos casos á vangarda da linguaxe pictórica europea da súa época, con obras actuais coas que se establecen certas relacións, é o fío condutor da exposición «Tino Grandío. Correspondencias». A mostra, que conta co comisariado de Mónica Maneiro Jurjo e Iñaki Martínez Antelo (Cooperativa Performa), pode visitarse na Sede de Afundación en Lugo desde hoxe e ata o próximo 13 de xuño. A Obra Social de ABANCA programou, ademais, 3 visitas comentadas á mostra para o público en xeral, ás que se lle sumarán as coordinadas pola Área Educativa de Afundación para centros educativos e grupos.

 

Na exposición, que se constrúe a partir das obras de Grandío que forman parte das coleccións de Arte Afundación e ABANCA, as creacións do lucense dialogan coas de 12 artistas actuais de relevancia: a tamén lucense Mónica Alonso, Carla Andrade, Vasco Araújo, Manuel Eirís, Tamara Feijoo, Xisela Franco, Christian García Bello, Julia Huete, Jesús Madriñán, Vítor Mejuto, Álvaro Negro e Eulàlia Valldosera.

 

Organización por temas

A exposición «Tino Grandío. Correspondencias» organízase en base a unha revisión dos xéneros artísticos que percorreu o artista e ás súas grandes liñas temáticas: a vida social e cotiá, a paisaxe, o corpo feminino, o bodegón e a familia rural.

Así que a pintura en clave xeométrica de Vitor Mejuto, por exemplo, dialoga cos retratos de Grandío e os seus achegamentos aos espazos de reunión da vida social e cultural. Ou unha peza audiovisual de Carla Andrade, Amarillo Atlántico, dialoga coa obra do guntinés máis centrada na paisaxe. O mesmo que as abstraccións de Manuel Eirís ou Mónica Alonso ou as creacións de Álvaro Negro, en diálogo coas pezas de Grandío no límite da figuración e a abstracción.

 

Do corpo feminino ao bodegón e as escenas rurais

O encontro entre a visión do corpo feminino que destilan as obras de artistas como Eulàlia Valldosera, Xisela Franco e Jesús Madriñán, e a que ofrecen as obras de Grandío antes de 1977 é especialmente interesante.

A exposición complétana dous diálogos: o que se dá entre os bodegóns de Grandío e a obra de Tamara Feijoo, por unha parte, e o que se dá entre as súas escenas rurais e o traballo de Christian García Bello.

 

Visitas guiadas

Afundación organiza 3 visitas guiadas á exposición para o público en xeral. Serán os días 9 de abril, 7 de maio e 4 de xuño. Todas elas celebraranse ás 19:00 horas. A participación é totalmente gratuíta previo rexistro en Ataquilla.com.

Ademais, a Área Educativa de Afundación organiza visitas para centros educativos e tamén para grupos que poden ser concertadas escribindo ao correo electrónico areaeducativalugo@afundacion.org ou a través do teléfono 982 289 096.

 

Sobre Tino Grandío

Adiantado ao seu tempo, Tino Grandío conectou rapidamente cos presupostos da «Nova figuración», pero a súa obra tomou rapidamente un sendeiro particular, tendo como referencias na súa renovación as obras de creadores como Velázquez, Goya ou Picasso. Executaba o artista lucense unha pintura de cariz expresionista, pero cun gran contido social. Grandío foi capaz de anticiparse temporalmente en canto a estilo ás propostas de artistas contemporáneos tan importantes como Luc Tuymans ou Gerhard Richter.

Criado no seu Guntín natal, Tino Grandío estudou bacharelato en Lugo, e despois trasladaríase a Santiago. Desde 1949 viviu en Madrid, aínda que sempre mantería unha profunda relación con Lugo e Guntín. A súa obra foi obxecto de exposicións individuais en cidades como Madrid, Barcelona, Lisboa, París ou Nova York.

 

«Cultura por alimentos»

A exposición «Tino Grandío. Correspondencias» forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolvido pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes á exposición poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos colectores dispostos para tal fin na sede de Afundación. As doazóns serán distribuídas polo Banco de Alimentos de Lugo.

 

Imaxes da inauguración da exposición, e de obras de Grandío nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078