• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A comunidade educativa da UIE retira máis de 350 quilos de lixos mariños, a maioría plásticos, na praia de Ventín en Muros
Sala de prensa
A comunidade educativa da UIE retira máis de 350 quilos de lixos mariños, a maioría plásticos, na praia de Ventín en Muros

A comunidade educativa da UIE retira máis de 350 quilos de lixos mariños, a maioría plásticos, na praia de Ventín en Muros

venres, 20 de marzo de 2026
RSC Educación superior

Máis de 40 persoas voluntarias pertencentes á comunidade educativa da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), participaron esta mañá na praia muradá de Ventín nun gran operativo de limpeza de lixos mariños organizado por Afundación no marco do seu proxecto medioambiental PLANCTON. Ao cabo da xornada, e tras a conclusión das tarefas de identificación e clasificación dos residuos, a balanza reflectiu un total de 359 quilos de lixo mariño, 309 deles plásticos.

Os traballos de limpeza comezaron ao 10.00 h. Organizados en varios grupos, os estudantes e docentes percorreron a praia para retirar os residuos. Como é habitual neste tipo de limpezas, e dunha forma máis acusada polos efectos da cadea de temporais deste inverno, localizaron principalmente restos de obxectos vinculados ás actividades económicas desenvolvidas no mar como a pesca ou os cultivos mariños. 2094 cordas, 613 anacos de redes, cabos e cabiños, sedelas, 448 anacos de poliespan ou escumas sintéticas empregadas como flotadores nas artes de pesca, nasas portuguesas e 458 tarugos de batea.

As persoas voluntarias recolleron tamén distintos obxectos relacionados coas actividades de recreo que se desenvolven no propio espazo, en áreas próximas ou que son arrastrados polo mar. Nesta ocasión contabilizáronse restos de bolsas e envoltorios, envases e botellas de plástico, 300 tapóns, bastonciños —tanto de lambetadas como de limpar os oídos—, 27 chisqueiros, 13 xoguetes, 15 unidades de calzado, 8 cartuchos de caza, ademais de 7908 anacos de plástico de diferentes tipos e tamaños, non identificables debido á súa fragmentación e deterioración no mar.

Esta é a cuarta ocasión na que o voluntariado convocado por Afundación actúa no Concello de Muros. A finais do pasado mes de xaneiro, e coa participación das mariscadoras da confraría deste municipio, conseguíronse retirar preto de 400 quilos de residuos das praias de Cubanas, Area do Medio e Ou Seixal, coa que se iniciou esta edición 2026 do programa PLANCTON. Con anterioridade, en 2023 efectuáronse limpezas nas praias de Lariño e Ventín nas que se retiraron máis de 500 quilos de residuos.

Coa participación da comunidade educativa, representada pola Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE), a Obra Social de ABANCA pon o foco na mocidade como verdadeiro motor de cambio. A través da cooperación e da implicación do alumnado impúlsanse iniciativas orientadas á protección e conservación do medio ambiente, co obxectivo de salvagardar os recursos naturais para as xeracións futuras. Esta colaboración constitúe, ademais, un dos piares dos programas PLANCTON e «Educación para a Sostibilidade», impulsados por Afundación.

Como en edicións anteriores, a xornada desenvolveuse coa colaboración do Concello de Muros, encargado da xestión final de todos os residuos retirados das praias durante a actividade.

Tras a xornada de hoxe, o programa PLANCTON supera xa as 155 toneladas de lixo mariño retiradas de fondos, praias e costas de Galicia, unha iniciativa acorde co compromiso de ABANCA e Afundación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente cos ODS 13 Acción polo clima, ODS 14 Vida submarina e ODS 17 Alianzas para lograr os obxectivos.

Imaxes da xornada AQUÍ

Máis información sobre PLANCTON, aquí.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078