• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A Colección de Arte Afundación recala por primeira vez en Madrid coa exposición «EL DEBER DE LO NUEVO»
Sala de prensa
A Colección de Arte Afundación recala por primeira vez en Madrid coa exposición «EL DEBER DE LO NUEVO»

A Colección de Arte Afundación recala por primeira vez en Madrid coa exposición «EL DEBER DE LO NUEVO»

xoves, 04 de xuño de 2026
Cultura

Obras da colección privada de arte galega máis importante e obras da Colección do Museo de Arte Contemporánea de Madrid (MAC) dialogan desde este mércores nas instalacións do museo madrileño na exposición «EL DEBER DE LO NUEVO». A mostra, co-organizada por Afundación, Obra Social de ABANCA, e o Concello de Madrid a través do MAC, reúne traballos de artistas imprescindibles da creación contemporánea como Daniel Canogar, Soledad Sevilla, Menchu Lamas, Manuel Vilariño, Antón Lamazares, José Guerrero, Carlos Alcolea, Antón Patiño, Pamen Pereira, Leopoldo Nóvoa, García Alix ou Eduardo Arroyo. Permanecerá aberta ao público ata o 17 de xaneiro de 2027 no MAC, no Centro Conde Duque.

A exposición «EL DEBER DE LO NUEVO en la Colección de Arte Afundación. Un diálogo con el MAC»  reúne 39 obras fundamentais creadas entre as últimas décadas do século XX e comezos do XXI. Un total de 25 proceden da Colección de Arte Afundación e outras 14 da Colección do Museo de Arte Contemporánea de Madrid. O proxecto conta co comisariado conxunto de Paloma Vela Garicano (Colección de Arte Afundación) e de Roberto García Nieto (Colección MAC).

Afundación, a Obra Social de ABANCA, conta coa colección privada máis importante de arte galega contemporánea. Os seus fondos, que ademais inclúen pezas salientables da creación española e portuguesa, cobren as etapas esenciais da arte nada en Galicia desde o século XIX ao XXI. Compóñena máis de 5.000 obras, declaradas Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2015.

«Irmandamento dúas coleccións»

Na inauguración celebrada este mércores, participaron a delegada da área de Gobierno de Cultura, Turismo e Deporte do Concello de Madrid, Marta Rivera de la Cruz, e o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet.

Marta Rivera afirmou que «EL DEBER DE LO NUEVO» que «é unha magnífica oportunidade para que madrileños e visitantes descubran unha das coleccións privadas máis importantes de arte contemporánea do noso país. O diálogo que se establece entre as obras de Afundación e os fondos do MAC demostra que a arte é un espazo de encontro capaz de tender pontes entre territorios, miradas e sensibilidades.».

Pola súa banda, Miguel Ángel Escotet sinalou que «o irmandamento de dúas coleccións de arte diferentes dentro dun mesmo espazo museístico cambia por completo a percepción estética das pezas, permite a ruptura dos discursos lineais, cambia os puntos de vista das narrativas argumentais, e engrandece a experiencia artística». O presidente de Afundación engadiu que «a mostra propón un diálogo entre a colección do MAC e a Colección de Arte Afundación, que  xera un terceiro espazo discursivo, un territorio de hospitalidade intelectual onde as identidades xeográficas e históricas ensanchan de forma irreversible os nosos horizontes culturais, o noso coñecemento».

Coidada selección de obras contemporáneas

A exposición reúne unha coidada selección de disciplinas que abarcan a pintura, a escultura, a fotografía e as linguaxes audiovisuais. Tomando como inspiración unha máxima de Ramón Gómez de la Serna – «O deber do novo é o principal deber de todo artista creador» –, a mostra ofrece unha coidada selección de obras e artistas contemporáneos que abordan «o novo» con linguaxes innovadoras, técnicas orixinais, estéticas privadas e unha gran potencia visual.

Estrutura en unidades de diálogo estético

A montaxe expositiva proposta organízase en pequenas unidades de diálogo que vinculan as obras de ambas as coleccións a través de concomitancias, estéticas ou linguaxes creativas compartidas e afinidades conceptuais.

Deste xeito, os visitantes transitarán por espazos dedicados á figuración crítica, irónica e comprometida con Arroyo ou Caxigueiro; o expresionismo onírico e perturbador de José Hernández e Alfonso Costa; ou a intimidade do doméstico como símbolo de identidade da man de Teresa Mouro, Elena Gago, Antón Cabaleiro e Susy Gómez. As reflexións sobre a sociedade contemporánea aparecen en nomes como Daniel Canogar e Jorge Barbi, que mostran o anverso e o reverso dunha mesma cuestión: os excesos do noso tempo; ou Bosco Caride e César Galicia, que abordan o urbanismo contemporáneo.

A natureza como eixo creativo participa da obra de Soledad Sevilla e Manuel Vilariño que nos ofrecen unha natureza contemplativa que invita á meditación; ou en Pamen Pereira e Laura Lea que constrúen unha poética do natural de raíces orientais. Os propios elementos pictóricos definen os diálogos entre Berta Cáccamo, Álvaro Negro e José Guerrero coa utilización do baleiro como construtor; e a materia e a textura cobran protagonismo en Lucio Muñoz e José Freixanes.

 

 

Imaxes da inauguración e documentación complementaria AQUÍ.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078