• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A ciencia e os mitos sobre as eclipses explicados pola astrofísica Eva Villaver na Sede Afundación A Coruña
Sala de prensa
A ciencia e os mitos sobre as eclipses explicados pola astrofísica Eva Villaver na Sede Afundación A Coruña

A ciencia e os mitos sobre as eclipses explicados pola astrofísica Eva Villaver na Sede Afundación A Coruña

martes, 16 de xuño de 2026
Conocimiento y Formación

«Eclipses: maxia, medo… e ciencia» é o título da conferencia que a doutora en Astrofísica e subdirectora do Instituto de Astrofísica de Canarias, Eva Villaver, impartirá o próximo 11 de agosto ao 19.00 h na Sede Afundación A Coruña e cuxas entradas están xa dispoñibles en Ataquilla.com.

A actividade, aberta a toda a cidadanía e con entrada gratuíta previa reserva, ofrecerá un percorrido pola historia cultural e científica dun dos fenómenos naturais máis espectaculares do ceo. A través dunha linguaxe próxima e accesible, Villaver mostrará como as eclipses pasaron de ser interpretados como sinais sobrenaturais a converterse nunha ferramenta fundamental para comprender o funcionamento do universo.

Durante a conferencia, os asistentes descubrirán como estes eventos axudaron aos científicos para estudar a atmosfera terrestre, coñecer mellor a dinámica do sistema solar e mesmo comprobar algunhas das teorías máis importantes da física moderna. A charla está dirixida a todos os públicos, sen necesidade de coñecementos previos, e busca espertar a curiosidade e a fascinación pola astronomía entre persoas de todas as idades.

«Queremos invitar a cidadanía a realizar unha viaxe polo pasado, o presente e o futuro das eclipses na Terra», sinalan desde a organización, que destaca o carácter divulgativo e participativo da actividade.

Unha investigadora de referencia internacional

Eva Villaver é profesora de investigación e subdirectora do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC). Doutora pola Universidade de La Laguna, desenvolveu unha salientable carreira científica en institucións de referencia internacional como a NASA, a Axencia Espacial Europea (ESA), a Universidade Autónoma de Madrid e o Centro de Astrobioloxía.

Ademais, dirixiu a Oficina de Espazo e Sociedade da Axencia Espacial Española e actualmente forma parte do Space Science Advisory Committee (SSAC) da ESA. Recoñecida polas súas investigacións sobre a evolución dos sistemas planetarios e as ananas brancas, participou no descubrimento de decenas de exoplanetas e é autora de centenares de publicacións científicas.

Comprometida coa divulgación científica, é autora do libro Las mil caras de la Luna, colaboradora habitual de medios de comunicación e recibiu recoñecementos como o Premio da Sociedade Xeográfica Española (2023) e o Premio de Divulgación da Carreira da Muller (2024).

 

Unha actividade aberta á cidadanía dentro do congreso «Invisibles26»

A conferencia forma parte das actividades abertas ao público organizadas co gallo de «Invisibles26», un congreso internacional que reunirá na Coruña, na Sede de Afundación, do 10 ao 14 de agosto, algúns dos principais especialistas mundiais en física de partículas, cosmoloxía e astrofísica.

O encontro, integrado no proxecto europeo ASYMMETRY e financiado polo programa Horizonte Europa da Unión Europea, abordará algúns dos maiores enigmas da ciencia actual, como os neutrinos, a materia escura e os sectores ocultos. Entre os participantes figuran investigadores de referencia internacional, incluído o Premio Nobel de Física 2015, Takaaki Kajita.

A conferencia de Eva Villaver constitúe a principal actividade de divulgación aberta á cidadanía dentro deste encontro científico internacional.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078