La Banda Sabinera, con Antonio García de Diego, que asinou con Sabina moitos dos seus éxitos, chega ao Teatro Afundación
Aseguran non ser un grupo tributo a Sabina. «Somos a auténtica banda de Sabina!». Son La Banda Sabinera. Entre eles, Antonio García de Diego, que asinou con Joaquín Sabina moitos dos éxitos do cantante de Úbeda. E que nunca deixou de tocar co autor de Y nos dieron las diez. Chegan ao Teatro Afundación o día 28 de febreiro en concerto. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.
La Banda Sabinera divide o seu espectáculo, «Benditos Malditos», en dúas partes: na primeira, e conformado como está o grupo por intérpretes que non só compartiron escenario con Sabina, senón tamén con solistas e grupos coma Ana Belén, Estopa ou Miguel Ríos, interpretan temas que compuxeron, gravaron ou tocaron co cantautor andaluz. E a relación con el é enorme, e non só por Antonio García de Diego. Hai na banda outros colaboradores de sempre do cantante, coma Jaime Asúa. Ata que Sabina anunciou que deixaría de cantar de forma habitual, anunciaban que os seus concertos, os de La Banda Sabinera, eran cando o cantante de Úbeda non estaba de xira.
Na segunda parte do seu show, La Banda Sabinera convida a persoas voluntarias do público a cantaren dende o escenario as súas cancións favoritas.
O percorrido trazado por La Banda Sabinera no concerto inclúe temas infainevitables de Sabina e doutros menos habituais. Aseguran querer facer do concerto «unha unha sucesión de encontros inesperados e marabillosos con cancións» que emocionan.
En marzo, Pasión Vega
Outra artista profundamente relacionada con Joaquín Sabina, Pasión Vega, chega o 6 de marzo ao Teatro Afundación. Sabina compuxo para ela, por exemplo, Como te extraño. Pasión Vega participou no coidado álbum de versións de cancións de Sabina por parte de grandes voces femininas Entre todas las mujeres.
No seu concerto, Vega fará un repaso polas cancións das películas de Almodóvar. Un día despois, o día 7, será Amancio Prada quen se presente para celebrar que pasaron cinco décadas dende que gravara o seu disco en homenaxe a Rosalía de Castro.
Hai imaxes dispoñibles nesta ligazón