• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Estudantes vigueses participan na IX edición do proxecto interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»
Sala de prensa
Estudantes vigueses participan na IX edición do proxecto interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»

Estudantes vigueses participan na IX edición do proxecto interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»

xoves, 06 de febreiro de 2025
Mayores Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA celebrou esta mañá en Vigo unha nova edición do seu programa interxeracional «Fálame da emigración». Achegar ao alumnado de secundaria as experiencias das persoas maiores na emigración é o fío condutor deste proxecto, que está xa na súa IX edición e no que participan estudantes de secundaria e bacharelato e persoas maiores voluntarias, socias dos espazos +60 de Afundación. Nesta ocasión «Fálame da emigración», do mesmo xeito que o outro programa interxeracional de Afundación «Falamos dá escola», desenvolveranse en centros educativos de Ares, Fisterra, Lugo, Monforte, Ourense, Ponteareas, Redondela, Santiago e Vigo, aos que se incorporarán novas localidades nos próximos meses. 

Tras 9 anos de implantación dos seus programas interxeracionais, desde a área de Maiores de Afundación realizouse un estudo de avaliación nos centros participantes na edición 2023-2024 que mostra como inciden significativamente na redución dos estereotipos negativos sobre o envellecemento entre o alumnado. 289 estudantes de 8 centros de secundaria responderon o Cuestionario de Estereotipos Negativos sobre o Envellecemento (CENVE) ao principio e final do programa. A conclusión é que, aínda que inicialmente o 70,4% do alumnado tiña xa niveis baixos ou moi baixos de estereotipos negativos sobre o envellecemento, tras a súa participación no programa, a porcentaxe incrementouse ata o 86% do alumnado. Así mesmo, outro dos indicadores da avaliación revelou que, tras a participación, a porcentaxe dos estudantes que pensaban que ambas as xeracións teñen algo ou bastante en común subiu do 68 ao 74%. 

No encontro, celebrado hoxe entre as 10.30 e as 13.30 h no Colexio Los Sauces de Vigo,  catro persoas voluntarias do Espazo+60 Afundación, María Cotón Liste, Francisco Lages Martínez, Rita Ibáñez, Abel Rubal Alonso e María Victoria Suárez Sánchez e 81 estudantes de primeiro de Bacharelato dialogaron na aula sobre a experiencia dos maiores na emigración e a visión de ambos sobre o pasado e o presente dos movementos migratorios. 

A DINÁMICA DO PROGRAMA

A partir do relato experiencial da emigración vivido en primeira persoa, doutros recursos didácticos proporcionados por Afundación (documentais, guías didácticas etc.)/ etc.) e de traballos dos escolares sobre os seus vínculos familiares coa emigración, alumnado e maiores establecen un diálogo e reflexionan acerca das motivacións para emigrar, as dificultades, as aprendizaxes, as semellanzas da emigración das persoas maiores e a actual, un intercambio especialmente enriquecedor se hai alumnado inmigrante na aula.

O proxecto proporciona un marco de aprendizaxe non formal que favorece a curiosidade, a empatía e a motivación do alumnado, á vez que contribúe a establecer vínculos entre estudantes e maiores baseados na escoita, o respecto e o recoñecemento mutuo e a desmontar estereotipos por ambas as partes, en liña co modelo de educación transformadora promovido por Afundación. Doutra banda, seguindo a liña estratéxica de «O valor da experiencia» da área de Maiores da entidade, o proxecto favorece que as persoas maiores sentan escoitadas, útiles  e que vexan recoñecida a súa contribución á comprensión dun capítulo esencial da nosa historia recente.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078