• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Stéphane Levallois, imprescindible no cine fantástico, mestura os monstros de Goya con Hellboy na nova exposición de Afundación
Sala de prensa
Stéphane Levallois, imprescindible no cine fantástico, mestura os monstros de Goya con Hellboy na nova exposición de Afundación

Stéphane Levallois, imprescindible no cine fantástico, mestura os monstros de Goya con Hellboy na nova exposición de Afundación

xoves, 16 de outubro de 2025
Cultura

Stéphane  Levallois, un dos grandes creadores do cine fantástico, reflexiona sobre os monstros que Francisco de Goya pintou hai máis de 200 anos, e recrea este universo en diálogo con Hellboy, unha das criaturas do cómic e o cinema fantástico máis populares do século XXI na exposición «Goya-Hellboy. Unha iconografía de monstros por Stéphane Levallois». Inaugurada hoxe, «Goya-Hellboy. Unha iconografía de monstros, por Stéphane Levallois» reúne 72 ilustracións orixinais nas que o prestixioso debuxante francés Stéphane Levallois reflexiona e captura a iconografía do pintor e gravador español en creacións feitas a partir do universo do superheroe contemporáneo Hellboy. As persoas que a visiten tamén atoparán dúas das series máis destacadas dos gravados de Goya, cuxa influencia é especialmente sobresaínte na obra de Levallois: «Os caprichos» e «Os disparates», procedentes da Colección de Arte Afundación. Tamén se poderán contemplar dúas láminas cedidas e asinadas polo creador da saga Hellboy, o lendario autor de cómics estadounidense Mike Mignola, quen no 2008 xa lle rendera unha interesante homenaxe a Goya a través dunha banda deseñada presente na exposición e que confirma a enorme pegada de Goya nos creadores de xénero fantástico. A exposición, comisariada polo recoñecido especialista en cinema e banda deseñada Asier Mensuro, permanecerá aberta ata o 24 de xaneiro. 

No segundo andar da mostra, e á disposición do público, atópase un espazo que evoca unha comicteca, no que se pode desfrutar, cunha lectura pausada, de moi diferentes libros de Mike Mignola, nun convite a entender as exposicións como eventos multidisciplinares nos que o público é un verdadeiro suxeito axente.  

Stéphane Levallois (París, 1970) é o responsable do deseño de personaxes e do universo creativo de películas como a saga de Harry Potter, Jurassic Park ou Piratas do Caribe. Autor de banda deseñada e artista conceptual de cinema, na súa vasta obra destacan, ademais, creacións feitas por encargos de institucións culturais como os museos parisienses do Louvre ou do Orsay. Para o primeiro creou o libro Leonard2Vinci. Para o segundo, a irreverente fábula Les disparues d’Orsay (Os desaparecidos de Orsay), unha atípica guía de visita ás obras expostas na institución parisiense.

Un proxecto de Afundación

Foi precisamente durante unha visita a outro recinto museístico, o madrileño Museo do Prado, onde Stéphane Levallois quedou impresionado ao contemplar en persoa as pinturas de Goya. Sucedeu en 2019. Da fascinación polas obras do xenio de Fuendetodos xorde o traballo que dá lugar a esta exposición. Nela, tamén pode verse un audiovisual con Levallois en pleno proceso creativo mentres visita o Prado e o tamén madrileño Museo Lázaro Galdiano, que ten entre os seus fondos importantes obras de Goya.

A aposta pola ilustración é unha das principais apostas de Afundación en materia de arte. Lembrouno durante a inauguración de «Goya-Hellboy», este mércores, a coordinadora adxunta da área de Cultura da Obra Social de ABANCA, Paloma Vela: «A ilustración, o deseño e o cómic son especialmente importantes para Afundación, tanto pola súa relevancia para a arte contemporánea en xeral, como pola importancia que, en particular, teñen en Galicia. Ademais, cómpre destacar que Afundación foi a primeira entidade privada en adquirir, para a súa colección de arte, unha banda deseñada inspirada na propia Colección, o que nos converte nunha institución pioneira». «Goya-Hellboy» incríbese nesta liña de programación mediante a cal a Obra Social ABANCA promove multitude de iniciativas para divulgar e promover a ilustración e a banda deseñada, artes que sempre están presentes na súa programación cultural cun peso transcendental. Este é o caso da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación, o Festival Internacional de Animación IMAXINARIA, ou proxectos como «Picasso protagonista», actualmente na Sede ourensana de Afundación. 

Obras de Goya e Mignola

Tal e como sinala o comisario da exposición, Asier Mensuro, «Goya-Hellboy» tende pontes «entre Goya, o gran creador de monstros e fantasía do século XIX, e Stéphane Levallois, o gran creador de monstros cinematográficos do século XXI». 

O público poderá contemplar obras de Goya mentres coñece o traballo de Levallois. De Mike Mignola, creador da saga Hellboy, expóñense a portada de In the Chapel of Moloch (Na capela de Moloch) e unha ilustración de Hellboy que homenaxea ou famoso lenzo Átropos, de Goya.

A través do Servizo Didáctico de Afundación proponse un amplo programa educativo e de mediación adaptado a todos os perfís e necesidades. Antes de inaugurar a exposición, máis de 1200 escolares xa teñen a súa inscrición feita. Pola súa parte, o público xeral poderá gozar dunha visita guiada o primeiro xoves de cada mes ás 19.00 h, previa retirada gratuíta do seu billete mediante Ataquilla.com

«Goya-Hellboy» intégrase no programa solidario «Cultura por alimentos», de Afundación e a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Na entrada da Sede de Afundación en Santiago de Compostela haberá contedores habilitados para recoller alimentos non perecedoiros que serán doados ao Banco de Alimentos Rías Altas que, á súa vez, os repartirá entre persoas e familias vulnerables.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078