• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A I Gala Internacional de Ilusionismo, «Galicia Magic Fest», chega mañá a Santiago de Compostela
Sala de prensa
A I Gala Internacional de Ilusionismo, «Galicia Magic Fest», chega mañá a Santiago de Compostela

A I Gala Internacional de Ilusionismo, «Galicia Magic Fest», chega mañá a Santiago de Compostela

mércores, 28 de decembro de 2016
Cultura

O auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (rúa do Preguntoiro, 23) acollerá, desde mañá e ata pasado mañá, a I Gala internacional de ilusionismo, «Galicia Magic Fest», en dúas sesións diarias ás 18.30 e ás 21.00 h, respectivamente. Cunha duración de dúas horas, este encontro internacional da maxia ten as entradas dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: mediante a web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

O ESPECTÁCULO E OS MAGOS

«Galicia Magic Fest» é a primeira gala internacional de ilusionismo celebrada en Galicia. Está presentada e dirixida polo galego, Pedro Volta. Cinco dos mellores magos do mundo realizarán trucos e números de recoñecido prestixio internacional. O principal obxectivo do show é sorprender todos os membros da familia por igual.

Yunke é colaborador habitual do programa de televisión de Antena 3 Televisión, El Hormiguero. A súa maxia está chea de misterio, beleza e risco. As súas ilusións son abraiantes e hipnóticas. Yunke é tamén un innovador da maxia, inventor de ilusións e creador de mecanismos máxicos. Foi premiado pola FISM nos campionatos mundiais de maxia, ostenta o galardón Mandrakes d'or, a Mención de Honor da Familia Real de Mónaco e entre o seu palmarés cóntase o Premio Mundial da Maxia: Oráculo de Ouro 2016.

Huang Zheng é primeiro premio do Congreso de Maxia Nacional de China 2002. Foi recoñecida como Nova Estrela Premio Congreso Internacional de Maxia Shanghai China en 2003, gañou o galardón The Mystic Craiy Award S.A.M. Convention en USA no ano 2005 e é, ademais, primeiro premio de Manipulación no Congreso Máxico Nacional.

Charlie Mag recibiu en 2010 o Premio Nacional de Manipulación na Coruña. E seguidamente o da convención da FFAP (Fédération Française des Artistes Prestidigitateurs) atribuíulle o premio nacional de Manipulación en París (Francia) e, no seguinte ano, o premio de ouro Les Anneaux Magiques en Suíza. No 2011, Charlie é nomeado campión de Europa en Maxia Xeral na FISM, Campionato de Europa da Maxia en Blackpool (Inglaterra). No 2012 presenta o seu número ao Campionato Mundial de Maxia.

Disguido son Isabella e Guido, un dúo máxico, un equipo no escenario e unha parella na vida real. Guido é un actor e director, graduado na Academia de Belas Artes (Academia das Artes) como escenógrafo. Isabella é psicóloga, graduada en antropoloxía ao expoñer a súa investigación titulada La fiducia nell’Illusionista (A confianza no ilusionista). En 2013 obtiveron a Mandrake d´or en Francia.

Ta na manga é un dúo de ilusionistas de Portugal, formado polos magos Gonçalo Jorge e Pedro Teixeira. Creouse en 2004, cando estes dous amigos se reuniron e idearon un espectáculo orixinal que integraba teatro, música e comedia. Xuntos deron vida ao espectáculo Tá na manga ao quadrado que debutou en 2008 en Lisboa. Ta na manga recibiu ata o momento once premios en eventos internacionais de maxia, destacando o primeiro premio no Campionato Mundial de Maxia FISM na categoría de maxia xeral, en xullo de 2012.



Pedro volta é un ilusionista galego experto en escapismo e creador de emocionantes espectáculos de maxia e festivais. É asesor de Yunke para El Hormiguero. Traballou para Vanity Fair, Seat, Heineken, Instituto Cervantes, a Embaixada Española en Australia e promocionou os seus espectáculos no programa de Telecinco, Qué tiempo tan feliz, facendo levitar un dos seus colaboradores. Tamén participou en numerosos programas da TVG como Land Rober ou Luar. A nivel internacional, en maio de 2014, realizou unha xira por Australia, facendo un total de dez shows entre Sidney e Camberra con grande éxito. En 2009 tamén estivo facendo maxia cun show en varios teatros de Maryland e Washington, D.C. (USA) e foi contratado pola Unión Europa no seu Festival Kids Euro Festival.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078