Gabino Diego chega ao Teatro Afundación á fronte do elenco de 'Pijama para seis'
«Unha comedia de enredos, un auténtico metrónomo das risas». Así se refiren os produtores de Pijama para seis á obra teatral que poderá verse no Teatro Afundación o xoves 13 de novembro ás 20.30 horas. Á fronte do elenco, Gabino Diego no papel de Fernando, o home casado que, no inicio da trama do espectáculo, convida o domicilio conxugal ao seu amante aproveitando unha ausencia da súa esposa. Comeza a partir de aí, para o público e os intérpretes, unha comedia desenfreada. «No vodevil hai que contar coa complicidade do público», comenta Gabino Diego sobre a obra. As entradas están ao dispor do público en Ataquilla.com.
O dramaturgo Marc Camoletti, referente na comedia europea das últimas décadas do pasado, asina o texto de Pijama para seis. Sobre o escenario, o actor Jesús Cisneros interpreta a Carlos, o amigo ao que o protagonista, Fernando, convida á casa familiar para ter unha coartada. Fernando coida cada detalle para esa noite na que a súa amante estará na casa. Mesmo contrata a unha cociñeira, Susana. Pero nada pasará como estaba previsto nunha situación na que case todo xirará arredor do amor, dos celos, ou da confianza, e cuxo elenco completan as actrices Isabel Gaudi, Amaia Vargas e Sabina Praga. Raquel Pérez dirixe Pijama para seis.
Tempada de Abonos
A obra é a terceira das programadas este outono na Tempada de Abonos do Teatro Afundación. O 26 de novembro, chegará ao escenario a recente adaptación teatral da novela La Barraca, de Vicente Blasco Ibáñez, dirixida por Magüi Mira. Xa o 10 de decembro será a quenda do último dos espectáculos de abono programados neste 2025 co pase da obra Camiño á Meca.
Escrita polo dramaturgo Athol Fugard, recupera a historia dos anos nos que a escultora surafricana Helen Martins, xa viúva, vive obsesionada con crear un xardín de esculturas orientadas cara á Meca. Ten como temas centrais o illamento, a loita interna, e o conflito entre conformarse coas expectativas da sociedade ou seguir os soños propios.
Cando remate Camiño á Meca, terán sido un total de 12 espectáculos programados durante a Temporada de Abonos do Teatro Afundación neste 2025.
«Cultura por alimentos»
La Temporada de Abonos del Teatro Afundación forma parte del programa solidario «Cultura por alimentos», desarrollado por la Obra Social de ABANCA en colaboración con la Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Los asistentes a los espectáculos podrán colaborar depositando alimentos no perecederos en los contenedores dispuestos para tal fin en el teatro. Las donaciones serán distribuidas por FESBAL entre familias en riesgo de exclusión de Vigo y su área de influencia.
Imaxes dos espectáculos nesta ligazón