• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Quinteto de Cordas da Filharmónica de Berlín achega a excelencia da música clásica alemá ao Teatro Afundación de Vigo
Sala de prensa
O Quinteto de Cordas da Filharmónica de Berlín achega a excelencia da música clásica alemá ao Teatro Afundación de Vigo

O Quinteto de Cordas da Filharmónica de Berlín achega a excelencia da música clásica alemá ao Teatro Afundación de Vigo

martes, 17 de febreiro de 2026
Cultura

O Teatro Afundación de Vigo recibirá o vindeiro 25 de febreiro, ás 20:00 h, ao Philharmonisches Streichquintett Berlin, o Quinteto de Cordas da Filharmónica de Berlín. A formación musical alemá interpretará senllas pezas de Wolfgang Amadeus Mozart e Antonín Dvořák. O concerto é o segundo dos 7 programados na Tempada de Abonos de Clásica no primeiro semestre do ano. As persoas que queiran asistir e non dispoñan de abonos a prezo reducido poden tratar de conseguir algunha das escasas entradas que aínda están dispoñibles en Ataquilla.com. A duración prevista do concerto é de 68 minutos.

O Philharmonisches Streichquintett Berlin está composto por violín, viola, violonchelo, contrabaixo e clarinete. É único na súa formación: normalmente, os quintetos suman aos cuartetos de corda clásicos unha viola ou un cello adicional. Neste caso, é o clarinete o instrumento engadido. Tócao o valenciano Miguel Ángel Tamarit.

Todos os integrantes do Philharmonisches Streichquintett Berlin son membros titulares da Orquestra Filharmónica de Berlín, o que garante unha precisión técnica e unha profundidade interpretativa ao alcance de moi poucas formacións. Ao longo da súa traxectoria, percorreron os escenarios máis prestixiosos de Europa e Asia.

 

Mozart e Dvořák

O programa elixido para o concerto do mércores 25 de febreiro compóñeno o Quinteto para clarinete en la maior, K581 de Wolfgang Amadeus Mozart, e o Quinteto de corda núm. 3 en mi bemol maior, Op. 97 American de Antonín Dvořák.

 

O Quinteto para clarinete en la maior, K581 de Wolfgang Amadeus Mozart é unha peza especialmente prezada do compositor austríaco pola súa luminosidade e diálogo entre o vento e a corda. A obra de Antonín Dvořák que interpretarán, composta durante a estancia do músico nos Estados Unidos, reflicte influencias do folclore do Novo Mundo.

 

Máis concertos

A Tempada de Clásica de Afundación en Vigo continuará o 4 de marzo cun concerto moi diferente da Real Filharmonía de Galicia (RFG): é unha sesión especial para celebrar tres décadas de historia musical da formación e presentarán un programa sorpresa.

Antes de xullo, haberá ademais outros dous concertos da propia RFG, un da Sinfónica de Galicia, e outro do Quinteto Lunfardo, composto por músicos de Uruguai e Arxentina radicados en Europa.

 

«Cultura por alimentos»

Este concerto forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», que Afundación promove en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Convídase a todas as persoas asistentes a colaborar achegando produtos non perecedoiros, que poderán depositar nos colectores habilitados no acceso ao Teatro Afundación. As doazóns serán destinadas a familias en situación de vulnerabilidade en Vigo e a súa contorna a través dos bancos de alimentos locais.

 

 

 

 

 

Hai imaxes dispoñibles nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078