• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación e a Fundación General CSIC abordan a lonxevidade a través da exposición «A vivir que son 100 anos»
Sala de prensa
Afundación e a Fundación General CSIC abordan a lonxevidade a través da exposición «A vivir que son 100 anos»

Afundación e a Fundación General CSIC abordan a lonxevidade a través da exposición «A vivir que son 100 anos»

martes, 18 de febreiro de 2020
Mayores Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta, en colaboración coa Fundación General CSIC, «A vivir que son 100 anos», o seu novo proxecto expositivo deseñado co obxectivo de ofrecer unha visión científica sobre o fenómeno da lonxevidade e do envellecemento saudable. Presentouse aos medios esta mañá no Café Moderno Afundación de Pontevedra, nun acto que contou coa presenza do director xeral da Fundación General CSIC, Álvaro Giménez, quen defendeu a necesidade de proxectos coma este «o envellecemento e a lonxevidade son debates que espertan moitos soños, moitas ilusións e moitos medos. Por iso deron pé a moitas mensaxes e debates non sempre fundamentados no coñecemento científico rigoroso. O proxecto que hoxe presentamos pretende contribuír a que unha sociedade coma a nosa, en proceso de envellecemento, se coñeza mellor a si mesma baseándose nas últimas evidencias científicas».

 Acompañouno o director-xerente de Afundación, Pedro Otero, quen destacou as novas oportunidades e retos de futuro que un cambio social desta magnitude supón «o propio título da exposición xa nos revela unha visión positiva, unha celebración do logro que representa para humanidade a prolongación constante das nosas traxectorias de vida, todo iso sen negar os múltiples retos que implica o envellecemento demográfico e a necesidade de abordalos».

Poderase visitar na Sala de exposicións do Café Moderno Afundación de Pontevedra a partir de hoxe e ata o vindeiro 26 de marzo, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e os sábados de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h. 

O PROXECTO EXPOSITIVO «A VIVIR QUE SON 100 ANOS» 

«A vivir que son 100 anos» é unha exposición que percorre os procesos do envellecemento como individuos e a nivel colectivo como sociedade, cos obxectivos de mellorar a comprensión deste fenómeno e de impulsar iniciativas innovadoras que contribúan a transformar o proceso do envellecemento nunha fonte de oportunidades. Un proxecto poliédrico no que conceptos coma lonxevidade, envellecemento saudable, vitalidade na madurez ou investimento na vellez son abordados desde diferentes perspectivas. Trátase dunha invitación a todas as idades a pensar no seu futuro, e unha invitación directa ás persoas maiores a viviren esta etapa da súa vida dun xeito pleno.

O aumento da esperanza de vida é unha das transformacións máis relevantes que temos experimentado como sociedade: a esperanza de vida en España no ano 1900 era de 35 anos, mentres que no ano 2020 acada os 85 anos. Estruturada en cinco apartados, esta exposición invita a percorrer o camiño da vida a e enfrontarse ao proceso do envellecemento, amosando aqueles factores que podan determinar que o devandito itinerario se efectúe nas mellores condicións posibles. Deste xeito, os visitantes descubrirán que a aprendizaxe continua, unha nutrición óptima, o exercicio físico ou as relacións sociais son algúns dos aspectos que inflúen, en gran medida, neste proceso. 

Mediante este proxecto analízanse tamén cuestións de interese xeral como os efectos da xubilación en cada persoa, o mantemento actual do estado de benestar, os avances médicos ou tecnolóxicos en torno ao envellecemento, ou o funcionamento dos sistemas de pensións e sanitario.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARALELAS

Para posibilitar a aproximación a esta nova realidade social denominada revolución da lonxevidade desde diferentes perspectivas, Afundación deseñou un completo programa de actividades paralelas. Inclúe un ciclo de conferencias que inaugurará a científica titular do CSIC Dolores Puga o 3 de marzo, ás 19.00 h na Sede Afundación de Pontevedra, co relatorio A revolución da lonxevidade. Continuará con Na procura da fonte da eterna xuventude, de Manuel Collado, xefe do Laboratorio de células nai en cáncer e envellecemento do IDIS-CHUS. Será o 11 de marzo, ás 19.00 h, na Sede Afundación de Pontevedra.

Tamén se poñerá en marcha un ciclo de cine temático que inclúe os filmes O cuarteto, que se proxectará o xoves 19 de febreiro, Vivir sen parar, o 25 de febreiro, e O exótico hotel Marigold, o 2 de marzo. Todas as sesións serán na Sede Afundción de Pontevedra, ás 19.00 h, con entrada libre e de balde.

Así mesmo, do 18 de febreiro ao 26 de marzo organizaranse xornadas de portas abertas no Espazo +60 Afundación de Pontevedra nas que as persoas maiores de 55 anos terán a posibilidade de participar nunha sesión das diferentes actividades programadas, que van desde a aprendizaxe de idiomas ou expresión artística ata hábitos saudables. Tamén se organizarán actividades interxeracionais nas que os escolares poderán compartir, dialogar ou reflexionar con socios e socias do Espazo +60 Afundación sobre o envellecemento, de como os maiores afrontan esta etapa da vida e da importancia para todas as xeracións de estaren conectadas, comprendérense, dialogar e aprender uns doutros.

Ademais, desde a Área Educativa de Afundación deseñáronse unhas didácticas complementarias para escolares de todos os tramos de idade. Deste xeito, os nenos e nenas desde Educación Infantil ata 3º de Primaria poderán participar en E viviron felices, comendo algo máis ca perdices; os escolares desde 4º de Primaria ata 2º de ESO poderán asistir a Olimpíadas de lonxevidade, e os estudantes desde 3º de ESO ata Bacharelato e Ciclos formativos poderán gozar e aprender en A vivir que son 100 anos. Ata o de agora xa se confirmou a participación nestas actividades de máis de 1000 escolares.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078