• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Estudantes monfortinos participan na X edición do proxecto interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»
Sala de prensa
Estudantes monfortinos participan na X edición do proxecto interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»

Estudantes monfortinos participan na X edición do proxecto interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»

venres, 20 de febreiro de 2026
Mayores

Afundación, a Obra Social de ABANCA celebrou esta mañá en Monforte de Lemos unha nova sesión do seu programa interxeracional «Fálame da emigración». Achegar ao alumnado de secundaria as experiencias das persoas maiores na emigración é o fío condutor deste proxecto, que que celebra a súa X edición e no que participan estudantes de secundaria e bacharelato e persoas maiores voluntarias, socias dos espazos +60 de Afundación. Nesta edición «Fálame da emigración», do mesmo xeito que o outro programa interxeracional de Afundación «Falamos da escola», desenvolveranse en centros educativos de Ares, Fisterra, Marín, Monforte, Ourense, Trazo, Santiago, Sarria, O Saviñao e Vigo, aos que se incorporarán novas localidades nos vindeiros meses.

No encontro celebrado hoxe no Real Colexio Escolapios de Monforte, voluntarios do Espazo +60 Afundación de Monforte de Lemos e 50 estudantes de 3.º de ESO dialogaron na aula sobre a experiencia dos maiores na emigración e a visión de ambos sobre o pasado e o presente dos movementos migratorios.

Tras 10 anos de implantación dos seus programas interxeracionais, desde a área de Maiores de Afundación realizouse unha avaliación de impacto entre o alumnado dos centros participantes nos cursos 2023-2024 e 2024-2025 que mostra como inciden significativamente na transmisión dunha imaxe social positiva e na redución dos estereotipos negativos sobre o envellecemento entre o alumnado. No estudo participaron 543 estudantes de 16 centros de secundaria, que responderon o Cuestionario de Estereotipos Negativos sobre o Envellecemento (CENVE) ao principio e final do programa. A conclusión é que, aínda que inicialmente o 77 % do alumnado tiña xa niveis baixos ou moi baixos de estereotipos negativos sobre o envellecemento, tras a súa participación no programa, a porcentaxe incrementouse ata o 89 % do alumnado. Así mesmo, outro dos indicadores da avaliación revelou que, tras a participación, a porcentaxe dos estudantes que pensaban que ambas as xeracións teñen algo ou bastante en común subiu do 68 ao 76 %.

«Estes resultados, sumados ás avaliacións que realizamos durante os 10 anos de implantación dos programas entre o alumnado participante, as persoas voluntarias e os docentes, mostran a súa potencialidade e a necesidade de seguir traballando en proxectos interxeracionais que contribúan a unha maior cohesión social. Sen dúbida ratifican o que recolle o Informe Mundial de Idadismo da OMS que subliña que as actividades educativas e as intervencións de contacto interxeracional son, xunto ás políticas e a lexislación, as estratexias máis eficaces para combater o idadismo.», subliña Sabela Couceiro, coordinadora da área de Maiores de Afundación.

A DINÁMICA DO PROGRAMA

A partir do relato experiencial da emigración vivido en primeira persoa, doutros recursos didácticos proporcionados por Afundación (documentais, guías didácticas etc.)/ etc.) e de traballos dos escolares sobre os seus vínculos familiares coa emigración, alumnado e maiores establecen un diálogo e reflexionan acerca das motivacións para emigrar, as dificultades, as aprendizaxes, as semellanzas da emigración das persoas maiores e a actual, un intercambio especialmente enriquecedor se hai alumnado inmigrante na aula.

O proxecto proporciona un marco de aprendizaxe non formal que favorece a curiosidade, a empatía e a motivación do alumnado, á vez que contribúe a establecer vínculos entre estudantes e maiores baseados na escoita, o respecto e o recoñecemento mutuo e a desmontar estereotipos por ambas as partes, en liña co modelo de educación transformadora promovido por Afundación. Doutra banda, seguindo a liña estratéxica de «O valor da experiencia» da área de Maiores da entidade, o proxecto favorece que as persoas maiores sentan escoitadas, útiles e que vexan recoñecida a súa contribución á comprensión dun capítulo esencial da nosa historia recente.

 

Imaxes do encontro de hoxe e historias de vida das persoas voluntarias AQUÍ

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078