• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Estudantes de Santiago participan na X edición do proxecto interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»
Sala de prensa
Estudantes de Santiago participan na X edición do proxecto interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»

Estudantes de Santiago participan na X edición do proxecto interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»

xoves, 09 de abril de 2026
Mayores

Afundación, a Obra Social de ABANCA celebrou esta mañá en Santiago unha nova sesión do seu programa interxeracional «Fálame da emigración» no IES Rosalía de Castro, o segundo encontro neste centro. Achegar ao alumnado as experiencias das persoas maiores na emigración é o fío condutor deste proxecto, que celebra a súa X edición e no que participan estudantes de secundaria e bacharelato e persoas maiores voluntarias, socias dos espazos +60 de Afundación. Nesta edición «Fálame da emigración», do mesmo xeito que o outro programa interxeracional de Afundación «Falamos da escola», desenvolveranse en centros educativos de Ares, Fisterra, Marín, Monforte, Ourense, Trazo, Santiago, Sarria, O Saviñao e Vigo, aos que se incorporarán novas localidades nos vindeiros meses.

No encontro celebrado hoxe, voluntarios do Espazo+60 Afundación de Santiago e 53 estudantes de 1º de Bacharelato dialogaron na aula sobre a experiencia dos maiores na emigración e a visión de ambos sobre o pasado e o presente dos movementos migratorios.

Tras 10 anos de implantación dos seus programas interxeracionais, desde a área de Maiores de Afundación realizouse unha avaliación de impacto entre o alumnado dos centros participantes nos  cursos 2023-2024 e 2024-2025 que mostra como inciden significativamente na transmisión dunha imaxe social positiva e na redución dos estereotipos negativos sobre o envellecemento entre o alumnado. No estudo participaron 543 estudantes de 16 centros de secundaria, que responderon o Cuestionario de Estereotipos Negativos sobre o Envellecemento (CENVE) ao principio e final do programa. A conclusión é que, aínda que inicialmente o 77% do alumnado tiña xa niveis baixos ou moi baixos de estereotipos negativos sobre o envellecemento, tras a súa participación no programa, a porcentaxe incrementouse ata o 89% do alumnado. Así mesmo, outro dos indicadores da avaliación revelou que, tras a participación, a porcentaxe dos estudantes que pensaban que ambas as xeracións teñen algo ou bastante en común subiu do 68 ao 76%.

«Estes resultados, sumados ás avaliacións que realizamos durante os 10 anos de implantación dos programas entre o alumnado participante, as persoas voluntarias e os docentes, mostran a súa potencialidade e a necesidade de seguir traballando en proxectos interxeracionais que contribúan a unha maior cohesión social. Sen dúbida ratifican o que recolle o Informe Mundial de Idadismo da OMS que subliña que as actividades educativas e as intervencións de contacto interxeracional son, xunto ás políticas e a lexislación, as estratexias máis eficaces para combater o idadismo.», subliña Sabela Couceiro, coordinadora da área de Maiores de Afundación.

A DINÁMICA DO PROGRAMA

A partir do relato experiencial da emigración vivido en primeira persoa, doutros recursos didácticos proporcionados por Afundación (documentales, guías didácticas, etc.) e de traballos dos escolares sobre os seus vínculos familiares coa emigración, alumnado e maiores establecen un diálogo e reflexionan acerca das motivacións para emigrar, as dificultades, os aprendizaxes, as semellanzas da emigración das persoas maiores e a actual, un intercambio especialmente enriquecedor se hai alumnado inmigrante na aula.

O proxecto proporciona un marco de aprendizaxe no formal que favorece a curiosidade, a empatía e a motivación do alumnado, á vez que contribue a establecer vínculos entre estudantes e maiores basados na escoita, o respecto e o recoñecemento mutuo e a desmontar estereotipos por ambas partes, en línea co modelo de educación transformadora promovido por Afundación. Por outro lado, seguindo a línea estratéxica de «El valor de la experiencia» da Área de Maiores dea entidade, o proxecto favorece que as persoas maiores se sintan escoitadas, útiles e que vexan recoñecida a súa contribución á comprensión dun capítulo esencial da nosa historia recente.

 

Imaxes do encontro e historias de vida, dispoñibles AQUÍ

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078