• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias No primeiro semestre de 2025, máis de 43 000 persoas visitaron as mostras de «Corrente cultural», que continúa este outono
Sala de prensa
No primeiro semestre de 2025, máis de 43 000 persoas visitaron as mostras de «Corrente cultural», que continúa este outono

No primeiro semestre de 2025, máis de 43 000 persoas visitaron as mostras de «Corrente cultural», que continúa este outono

luns, 25 de agosto de 2025
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, deseñou unha programación expositiva no marco de «Corrente cultural» na que a cultura, a formación, a solidariedade e a sostibilidade protagonizan as propostas expositivas. Máis de 43 000 persoas participaron xa das exposicións que, ao longo deste ano, se programaron por toda Galicia en localidades como Noia, Redondela, Guitiriz, Allariz, As Pontes, Porriño, Celanova, Monforte, Ribadeo ou Narón, ata un total de 23 poboacións nos primeiros meses do 2025. Incluídas tamén no programa implantado en 2021 en colaboración cos bancos de alimentos locais, «Cultura por alimentos», Afundación apela á participación da cidadanía e responde o chamamento solidario para a doazón de produtos non perecedoiros que se poden depositar nos contedores habilitados para o efecto nos diferentes centros culturais.

As imaxes están dispoñibles aquí.

«Corrente cultural» está deseñado para transcender os circuítos expositivos máis urbanos e trasladar as propostas expositivas máis aló das sedes de Afundación e en colaboración con numerosas corporacións municipais e co apoio de ABANCA. A partir do mes de setembro, e ata final de ano, incorpóranse novas localidades a este proxecto cultural e solidario, entre as que se atopan Carballo, Maceda, Betanzos, Vila de Cruces, Melide, Sarria ou Camariñas, entre outras.

 

Cultura e patrimonio

A exposición «Castelao grafista» que conta con facsímiles de obras procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, compóñense dunha antoloxía rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. A exposición está itinerando por Galicia grazas á colaboración entre Afundación, a Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia.

A mostra «Arte en tinta» parte dunha selección de gravados da Colección de Arte Afundación para expoñer un percorrido por conceptos, temas, estilos e linguaxes, presentes na arte contemporánea a través de nomes destacados do panorama español e galego. O hiperrealismo de Eduardo Naranjo ou Quintana Martelo, o mundo onírico de Jorge Castillo, a delicadeza de Carmen Laffón, o equilibrio luminoso de Berta Cáccamo, a abstracción de Broto ou o volume de Chillida son só algúns dos aspectos que afloran nesta mostra.

«Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel» mostra catro peregrinacións en catro países de catro continentes, baseándose na fotografía documental como ferramenta narrativa e contando distintas historias unidas por un mesmo senón. Concíbese esta expedición como unha viaxe de seres humanos guiados polo destino, na procura de respostas a preguntas universais. Ademais, fálasenos de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel, e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor.

 

Sostibilidade e medio ambiente

A mostra «Fauna esencial» convídanos a apreciar a diversidade da vida salvaxe, a recoñecer a súa importancia para a sostibilidade do noso planeta e a asumir a responsabilidade da súa conservación. Nun mundo cada vez máis consciente da necesidade de preservar o noso medio ambiente, «Fauna esencial» inspíranos a valorar e respectar as nosas especies, asegurando, así, un futuro máis harmonioso e equilibrado para todas as formas de vida na Terra.

 

Innovación social e solidariedade

«Nós tamén fomos emigrantes» recolle unha selección de fotografías da emigración, tanto española como galega nas décadas centrais do século XX, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078