• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O voluntariado de Afundación retira uns 250000 granulados e 1500 bastonciños das praias carballesas de Baldaio e Razo
Sala de prensa
O voluntariado de Afundación retira uns 250000 granulados e 1500 bastonciños das praias carballesas de Baldaio e Razo

O voluntariado de Afundación retira uns 250000 granulados e 1500 bastonciños das praias carballesas de Baldaio e Razo

luns, 09 de febreiro de 2026
RSC

Máis de 1500 bastonciños dos oídos e preto de 250.000 granulados son os datos máis significativos da acción de limpeza de lixo mariño desenvolto esta mañá nas praias do Espazo Natural de Baldaio-Razo, no concello de Carballo. As persoas voluntarias convocadas por Afundación, a Obra Social de ABANCA no marco de PLANCTON, conseguiron retirar do areal máis de 75 quilos de residuos nun minucioso labor de recollida, reconto e clasificación debido ao reducido tamaño dalgúns dos obxectos localizados.

Os traballos de voluntariado comezaron ás 10 da mañá. Repartidas en varios grupos, as persoas participantes percorreron o areal e, como é habitual nestas xornadas de limpeza de residuos, recolleron distintos obxectos relacionados coas actividades de recreo que se desenvolven no propio espazo, en áreas próximas ou que son arrastrados polo mar. Ademais da laboriosa recollida dos granulados e bastonciños, nesta ocasión contabilizáronse 300 tapóns, 25 chisqueiros, máis de 60 botellas plásticas, ou 25 envases de vidro. Tamén retiraron do areal medicinas, envases de cremas e cosméticos, cartuchos de caza, aerosois ou restos de envases, bolsas e envoltorios, e outra serie de obxectos de orixe descoñecida e de difícil identificación por mor da súa deterioración ou fragmentación.

O voluntariado localizou así mesmo restos de aparellos e utensilios relacionados coa actividade pesqueira, entre eles máis de 1000 anacos de escumas sintéticas ou poliespan, 82 escarvadentes de batea e cabos, cordas, sedelas ou nasas, entre outros.

Tras os traballos de clasificación e pesada, a balanza reflectiu máis de 75 quilos de residuos, a maioría –56–  obxectos plásticos, 7 de vidro, 1 de metal e 11 quilos de distintos materiais. Esta intervención é a quinta actuación do voluntariado de Afundación neste enclave protexido, do que xa conseguiron retirar case 1400 quilos de lixo mariño.

UN ESPAZO NATURAL DE GRAN VALOR ECOLÓXICO

Este humidal de Baldaio é un espazo natural protexido de gran valor ecolóxico pertencente a Rede Natura 2000, declarado como Zona de Especial Conservación (ZEC) e como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), un enclave de interese no que crían especies ameazadas como a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Segundo datos oficiais de 2025, unicamente quedan en Galicia 86 parellas desta pequena ave limícola que adoita aniñar en diferentes praias e sistemas dunares costeiros da comunidade entre os meses de marzo e xullo. Actividades como a realizada hoxe benefician directamente a esta e outras especies, ao mellorar e protexer o seu hábitat natural.

SEIS EDICIÓNS DE PLANCTON

Tras esta nova actuación de voluntariado, son xa case 148 as toneladas de residuos retiradas de diferentes enclaves repartidos ao longo de toda a costa galega no ámbito deste Plan de Conservación Territorial, que estende as súas actividades durante todo o ano. Un proxecto que forma parte do compromiso de ABANCA e a súa Obra Social cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente cos ODS13 Acción polo clima, ODS14 Vida submarina e ODS17 Alianzas para lograr obxectivos.

Con accións como a realizada hoxe nas praias de Carballo, Afundación procura a través de PLANCTO, que está xa na súa VI edición, chamar a atención sobre a necesidade de cambiar e mellorar moitos dos nosos hábitos de comportamento no medio, para asegurar o uso e goce dos recursos ás xeracións do futuro.

 

As imaxes da limpeza de hoxe están dispoñibles nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078