• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Teatro Afundación programa un espectáculo cada dous días en maio
Sala de prensa
O Teatro Afundación programa un espectáculo cada dous días en maio

O Teatro Afundación programa un espectáculo cada dous días en maio

mércores, 29 de abril de 2026
Cultura

Moito humor, boas interpretacións e moita música. É a proposta do Teatro Afundación na súa programación do mes de maio: un total de 15 espectáculos, un cada dous días. A humorista Isabel Rey inaugura a programación co seu monólogo Diva de barrio este venres, día 1, ás 20:30 horas. O grupo pop Maldita Nerea presentará o penúltimo día do mes, o 30, a súa xira «Origen». Entre ambos os dous espectáculos, o público poderá asistir a tres concertos de música clásica, dúas obras teatrais, outros dous monólogos e catro concertos a cargo de Budiño, Davide Salvado, Andrés Suárez e OBK. Para o espectáculo deste sábado, o monólogo No cruces los brazos, de David Cepo, apenas quedan algunhas butacas libres nos anfiteatros. Están dispoñibles, como as do resto dos espectáculos, en Ataquilla.com.

 

Catro propostas para a primeira semana do mes

Tras o descanso dominical, a música do grupo arxentino Quinteto Lunfardo inaugura o luns día 4 unha semana na que a Obra Social de ABANCA en Vigo programa catro espectáculos no Teatro Afundación: dous concertos de música culta e dúas propostas teatrais.

O Quinteto Lunfardo é un grupo musical de tango formado por músicos arxentinos e uruguaios. Afincados en Europa, interpretan e homenaxean, cun estilo contemporáneo, os grandes temas do xénero. Xunto aos músicos, sobre o escenario, estará a parella de baile que conforman Gladys e Óscar Zalazar.

A outra proposta musical da semana é o show sonoro e visual Ludovico Musical Experience, un espectáculo de 120 minutos de duración no que o músico Borja Niso conta a súa historia: aprendeu a tocar o piano de forma autodidacta a partir dos 35 anos tras o impacto que lle supuxo asistir a un concerto do intérprete italiano Ludovico Einaudi. A el dedícalle, como tributo, o show Ludovico Musical Experience.

Senllas obras teatrais completan a programación da primeira semana de maio. O xoves, Carmen Morales e Juan Messenger métense na pel dos escritores Agatha Christie e Benito Pérez Galdós, respectivamente, en Querida Agatha Christie. A obra forma parte da Tempada de Abonos de teatro de Afundación en Vigo.

Xa o sábado e o domingo, en tripla función, os actores e humoristas Touriñán e Perdomo presentan o espectáculo Amoriños. Apenas quedan entradas.

 

Música clásica

O xoves 14 e o sábado 16 de maio, o Teatro Afundación acolle dúas citas coa música clásica.

A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece o día 14 un concerto no que fará dialogar fragmentos de óperas de Richard Wagner con obras de dous compositores contemporáneos: o austríaco Georg Friedrich Haas (1953) e o mosense e profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo Jacobo Gaspar (1975). A sesión musical é a penúltima das que forman parte da programación da Tempada de Abonos de música de Afundación en Vigo no primeiro semestre do ano.

Xa o sábado 16, será a quenda da Orquestra Clásica de Vigo. Interpretarán a Misa de Réquiem en re menor, K. 626 de Mozart nun concerto no que estarán acompañados por Ensemble Vocal Pro Música, un grupo con sede no Porto co que a Orquestra Clásica de Vigo desenvolve un intercambio musical transfronteirizo e que este ano celebra o seu trixésimo quinto aniversario.

 

Da música popular a Agatha Christie

Tres artistas galegos protagonizarán tres dos cinco concertos programados na segunda quincena do mes. Budiño presenta a súa xira Branca Vela no Teatro Afundación o venres 15 de maio. Seis días despois, o xoves 21, será Davide Salvado quen suba ao escenario do Auditorio do teatro para presentar o seu novo disco: Permita Deus. O venres 22, o ferrolán Andrés Suárez presenta Lúa.

As actuacións de OBK e Maldita Nerea os sábados 23 e 30, respectivamente, completan a programación de música popular dun mes de maio que ten na súa programación outras dúas citas escénicas nos seus últimos días.

O domingo 24 preséntase o monologuista Ger con Si la vida es un despropósito nosotras también. Ger, que ten perto dun millón de seguidores en redes sociales, define o seu humor como «unha corrente do mamarrachismo».

O venres 29, o actor Juanjo Artero protagoniza Asesinato en el Orient Express, unha nova versión teatral da coñecida novela da escritora británica neste 2026 no que se cumpren cincuenta anos do seu falecemento. Artero, no papel de Hércules Poirot, terá que enfrontarse sobre as táboas do Teatro Afundación a un dos casos máis desafiantes da súa carreira.

 

 

 

 

 

 

 

Hai imaxes dos espectáculos nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078