• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Teatro Afundación programa no mes de xuño 7 espectáculos que poderán desfrutarse en 9 funcións diferentes
Sala de prensa
O Teatro Afundación programa no mes de xuño 7 espectáculos que poderán desfrutarse en 9 funcións diferentes

O Teatro Afundación programa no mes de xuño 7 espectáculos que poderán desfrutarse en 9 funcións diferentes

venres, 30 de maio de 2025
Cultura

Els Joglars chegarán este 5 de xuño a un Teatro Afundación cheo para presentarlle ao público de Vigo El rey que fue, a obra na que fan unha revisión humana e sen concesións da vida de Xoán Carlos I e dos últimos 50 anos da historia de España. Trátase do primeiro dos 7 espectáculos programados pola Obra Social de ABANCA en Vigo neste mes de xuño. Haberá, ademais, dous monólogos cómicos, os dos humoristas Miguel Lago e David Navarro, e dous concertos do Coro Gospel Vida e das agrupacións da Fundación Coral Casablanca. Co espectáculo musical para nenas e nenos de Bibopaula, o Teatro Afundación despide o 22 de xuño a programación regular ata o mes de setembro. As entradas para asistir aos eventos están dispoñibles en Ataquilla.com.

Cando remate a posta en escena de Bibopaula, o Teatro Afundación terá completado un primeiro semestre do ano no que lle presentou ao público un total de 62 espectáculos que puideron verse en 83 funcións diferentes. Trátase de máis de 10 propostas culturais diferentes cada mes. A programación regular volverá no mes de setembro coas tempadas de abono de clásica e teatro e ducias de espectáculos escénicos e musicais.

 

Els Joglars e Miguel Lago para comezar o mes

Con dirección de Albert Boadella, que asina tamén o texto xunto a Ramón Fontseré, El rey que fue repasa a vida de Juan Carlos I, desde a súa infancia ata o seu exilio. O espectáculo propón, ademais, unha reflexión sobre os últimos 50 anos da historia de España. Fontseré interpreta a figura do monarca.  

Un día despois chega ao escenario do Teatro Afundación o cómico Miguel Lago co seu espectáculo Lago Comedy. O humorista cumpre 25 anos sobre os escenarios e celébrao reabrindo as portas do seu Comedy Club a novos textos, novas rutinas, outras clásicas, reflexións sobre a actualidade e anécdotas persoais. Lago presentarase en horario nocturno, ás 21 horas, os días 6 e 7 de xuño no Teatro Afundación. O día 7 fará, ademais, unha función vespertina. Será ás 18:30 horas.

 

Voces de Vigo

Dúas agrupacións corais viguesas súmanse este mes á programación do Teatro Afundación. Trátase do Coro Gospel Vida e máis da Fundación Coral Casablanca.

O concerto de Gospel Vida, que será o 8 de xuño ás 19 horas, ten un carácter solidario: está destinado a recadar fondos para a ONG Tierra de Hombres. Coa súa formación habitual de voces e piano, presentarán un repertorio cargado de emocións.

A Fundación Coral Casablanca celebra o seu XIII Concerto de Primavera o 14 de xuño (20.30 horas). Diferentes coros que a integran, ata un total de 5, interpretarán os seus repertorios. A Coral Casablanca de Vigo non só é unha das formacións corais máis destacadas de Galicia, senón tamén un proxecto que abarca diversas agrupacións, unindo voces de todas as idades e traxectorias.

 

De David Navarro e Chucho Valdés a Bibopaula

O mesmo día, o 14 de xuño, e ás 22.30 horas, a música deixaralle paso ao humor no Teatro Afundación. David Navarro chega co monólogo No tengo remedio. Falaralle ao público de todos os seus pecados, das súas estúpidas teimas, do insoportable que pode chegar a ser.

Un día despois será a quenda do Chucho Valdés Royal Quartet. A formación de música afrocubana presentará o seu último traballo, o álbum Cuba & Beyond, publicado en 2024 e finalista nos Grammy Awards.

 

O Teatro Afundación despedirá o semestre cunha proposta para a infancia: Bibopaula. Trátase do espectáculo escénico construído a partir das tramas e os personaxes da primeira serie musical de debuxos en lingua galega. Será o 22 de xuño e con el comezará a paréntese de verán da tempada regular do Teatro Afundación.

En Ataquilla.com xa poden coñecerse algúns dos espectáculos que a Obra Social de ABANCA presentará en Vigo no segundo semestre do ano. Xa son 22 as propostas programadas.

 

«Cultura por alimentos»

A Obra Social da ABANCA desenvolve o programa solidario «Cultura por alimentos», dirixido a apoiar a familias en risco de exclusión, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). As persoas que asistan aos espectáculos poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos no Teatro Afundación. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

 

 

 

Hai imaxes dalgúns dos espectáculos nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078