• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O programa de Afundación «Coñecendo as emocións» chega a Madrid en colaboración con tres entidades
Sala de prensa
O programa de Afundación «Coñecendo as emocións» chega a Madrid en colaboración con tres entidades

O programa de Afundación «Coñecendo as emocións» chega a Madrid en colaboración con tres entidades

martes, 27 de xaneiro de 2026
Mayores

. Hoxe en día numerosos estudos destacan a relación entre as habilidades asociadas á intelixencia emocional e a obtención de resultados positivos como o benestar subxectivo, a calidade de vida ou a satisfacción vital. Dito doutro xeito, dedicar tempo a reflexionar e aprender sobre a conciencia, a comprensión, a expresión e a regulación emocional pode favorecer un maior equilibrio interno, unha mellor adaptación e unha vida máis plena en calquera etapa. Estas habilidades e competencias emocionais adquiren un papel fundamental no proceso de envellecemento no que os desafíos físicos, emocionais e sociais adoitan intensificarse, por exemplo, coa aparición de enfermidades, a perda de seres queridos ou os cambios de contorna. Así o corrobora o programa «Coñecendo as emocións» desenvolto por Afundación e Matia Instituto.

Nesta nova edición 2025-2026, a quinta, o programa chega por primeira vez a Madrid en colaboración coa residencia San Camilo, a Fundación SUMMA Humanitate e Cruz Vermella. Representantes destas tres entidades subscribiron un convenio para o desenvolvemento nos seus centros. Na firma estiveron David de Miguel, director de Intervención Social e Emprego de Cruz Vermella da Comunidade de Madrid; María Eugenia Auado Lora, directora da Fundación Summa Humanitate; José Manuel Martínez Galán, xerente do centro San Camilo; Sabela Couceiro, coordinadora da área de Maiores de Afundación e Armando Fandos, responsable da área de Entidades non Lucrativas e Impacto de ABANCA.

Nesta edición fóra de Galicia participan 35 persoas: 9 usuarias do Centro de día Reina Sofía de Cruz Vermella, 12 sacerdotes diocesanos xubilados residentes nunha casa sacerdotal xestionada pola fundación Summa Humanitate e 12 persoas adultas maiores residentes e usuarias do Centro de día e a residencia San Camilo.

As persoas participantes, con moi diversos perfís, comparten como xeración unha barreira cultural que limitou a súa expresión emocional. Para elas e eles, o programa facilitou un espazo seguro para identificar, nomear e xestionar os seus sentimentos, promovendo un cambio profundo no seu benestar persoal e relacional. Nesta apreciación inciden tamén as persoas facilitadoras, quen destaca, como no caso de María Eugenia Augado, directora da Fundación Summa Humanitate, que «compartir o que sentimos é liberador, conéctanos mellor co mundo e cos demais, só é necesario que se propicie un clima de confianza e de escoita xenuína». Nesta liña, un dos participantes desta entidade manifesta «Isto deberiámolo facer todos, é moi importante, quítache moitos “sufrimentos morais”».

Unha visión que comparten tamén desde a Residencia San Camilo, cuxo facilitador, Pablo Posse subliña que «a resposta dos residentes e usuarios do centro de día foi moi satisfactoria. Ao longo das sesións, exploraron as emocións, aprenderon a recoñecelas e relacionarse con elas de forma positiva, o que nos animou a implementalo en próximas edicións»

Imaxes da sinatura AQUÍ

 

COÑECENDO AS EMOCIÓNS CHEGA A ENTORNOS DE ATENCIÓN E COIDADOS

«Coñecendo as emocións» foi co-deseñado con persoas maiores, testeado, validado e implementado en catro edicións sucesivas. Tras a exitosa experiencia con persoas socias dos 11 espazos +60 Afundación, o programa estendeuse desde 2024 a 47 centros de distintas entidades que traballan tamén no ámbito das persoas maiores en localidades das catro provincias e que agora chega a Madrid. O obxectivo é compartir aprendizaxes e xerar unha rede de entidades sociais do ámbito do envellecemento activo e saudable con interese en traballar a mellora do benestar emocional a medida que envellecemos. Sumando os participantes desta nova edición 2025-2026, a quinta, chegará a máis de 1000 persoas de distintas localidades galegas, tanto rurais como urbanas, e a Madrid.

Nesta edición, como continuidade do traballo de cocreación levado a cabo polo equipo de Afundación con profesionais de 6 entidades en 2024, impártese unha versión do programa que se adaptou ás necesidades e capacidades cognitivas de participantes de centros de día e residencias e persoas usuarias de asociacións que traballan contornas vinculadas ás enfermidades mentais. A transcendencia desta adaptación consiste en levar a formación en competencias emocionais a contornas asistenciais e de coidados con materiais especificamente adaptados.

Os resultados obtidos ata o de agora evidencian que o programa permitiu a mellora do benestar e a adquisición de competencias emocionais das persoas participantes, segundo a investigación realizada por Afundación e Matia Instituto, entidade de referencia en España na materia e con máis de 20 anos de traxectoria. Os resultados, validados ao longo de 5 edicións, mostran que 9 de cada 10 persoas obtiveron beneficios nalgunha dimensión, mellorando a súa conciencia emocional, a súa comprensión das emocións, a súa regulación ou o seu nivel de benestar. Ademais disto, os participantes relatan que melloraron nas súas relacións con eles mesmos e cos demais, grazas á adquisición e desenvolvemento de habilidades e competencias como a escoita activa, a comunicación asertiva ou aprender a poñer límites. Tamén se observa un resultado significativo na saúde percibida, de maneira que as persoas valoran mellor o seu estado de saúde ao finalizar o programa de forma consistente ao longo das edicións do programa.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078