• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Espazo +60 Afundación de Ourense entrega a recadación da súa tenda solidaria á AECC de Ourense
Sala de prensa
O Espazo +60 Afundación de Ourense entrega a recadación da súa tenda solidaria á AECC de Ourense

O Espazo +60 Afundación de Ourense entrega a recadación da súa tenda solidaria á AECC de Ourense

martes, 10 de febreiro de 2026
Mayores

O Espazo +60 Afundación de Ourense entregou esta tarde un cheque solidario a AECC da localidade coa recadación obtida na súa tenda solidaria. O total ascende a 2.600 €, cantidade que foi posible recadar grazas á venda de produtos de artesanía realizados por socias voluntarias do Espazo +60 que participan durante todo o ano no taller solidario. No acto de entrega estiveron a coordinadora do Espazo +60 Afundación de Ourense, Jennifer Chamadoira Domínguez; Germán Rodríguez Saa, presidente da AECC Ourense e as persoas socias participantes no taller solidario.

Durante todo o ano 36 persoas voluntarias de Ourense comparten horas, coñecementos e aprendizaxes no taller do Espazo +60 de Afundación en Ourense. Fan artesanalmente manteis, colares, neceseres, mandís e produtos de Nadal, entre outros. Tamén colaboran co Complexo Hospitalario de Ourense entregando almofadas en forma de corazón para pacientes operadas de cancro de mama, manguitos para nenas e nenos hospitalizados e almofadas de lactación.

En moitos dos casos, para facer os produtos danlle unha segunda vida a materiais procedentes de pezas ou outros tipos de cousas usadas. E nos meses de maio e decembro, promoven unha tenda solidaria para recadar fondos a beneficio da delegación ourensá da Asociación Española contra o Cancro.

 

As imaxes da entrega do cheque estarán esta tarde NESTA LIGAZÓN

 

 

O exemplo da historia das almofadas

As almofadas solidarias para apoiar o brazo son un bo exemplo do traballo das persoas voluntarias do Espazo +60 de Ourense. Confecciónanas artesanalmente a partir dun patrón e apoiando unha iniciativa nada nos Estados Unidos en 2001 para facilitar a recuperación de persoas que están a ser tratadas de cancro de mama. O deseño en forma de V das almofadas ten innumerables vantaxes: entre elas, as de evitar o rozamento do brazo e da ferida posterior á cirurxía, facilitar o descanso, ou protexer a zona do corpo que se está recuperando.

O grupo de persoas maiores de 60 anos que participan en Ourense neste programa de Afundación colabora coa Asociación contra o Cancro desde 2001. Inicialmente, foi só en Ourense. Pouco despois, comezarían a levar a súa axuda tamén a Verín e O Barco de Valdeorras.

O nome do taller, «Obradoiro de Reciclaxe e Solidario», explicita un dos principios cos que traballan: empregan de materiais reciclados nos traballos, implicando ao resto de socios e socias do Espazo +60 na recollida de elementos como teas, fíos ou botóns.

Persoas maiores activas

Esta actividade ten como finalidade o desenvolvemento de hábitos de reciclaxe e promove a creatividade e a imaxinación á vez que fomenta a solidariedade e a cooperación. Forma parte do programa «O valor da experiencia» da área de Maiores de Afundación, que traballa para potenciar o papel activo dos maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades de voluntariado. As persoas socias dos Espazos +60 de Afundación poden participar en actividades de voluntariado interxeracional, cultural e educativo, voluntariado social e comunitario e voluntariado ambiental.

O da cidade das Burgas é o taller solidario máis antigo dos promovidos por Afundación. Naceu en 1998. Durante os tres primeiros anos da súa historia, apoiaban coa recadación do comprado solidario aos misioneiros ourensáns da Misión de Jipijapa, en Ecuador. Desde 2001, os fondos recadados destínanse á Asociación Contra o Cancro en Ourense.

 

Hai un vídeo de edicións anteriores desta iniciativa en Ourense en Afundación.TV

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078