O Espazo +60 Afundación de Monforte amosa «Feito á man», arte solidaria das súas socias
Do 3 ao 17 de xullo, o Espazo +60 de Monforte acollerá a exposición «Feito á man», unha mostra que reúne os traballos elaborados polas persoas participantes nas distintas actividades desenvolvidas durante o último curso.
A exposición recolle obras realizadas no curso de pintura ao óleo impartido por Alba García, no obradoiro de calceta e gancho coordinado pola socia voluntaria Josi Rodríguez Ovalle e no obradoiro de cerámica dirixido pola artesá Amparo Escrich.
A inauguración terá lugar o 3 de xullo ás 11:30 horas e estará dirixida ás persoas socias e os seus familiares. A partir do 6 de xullo, a exposición permanecerá aberta ao público en horario de 10:00 a 13:30 horas.
Esta actividade ten como finalidade o desenvolvemento de hábitos e a promoción da creatividade e a imaxinación á vez que fomenta a solidariedade e a cooperación entre os participantes. Está enmarcada dentro do programa «O valor da experiencia» da Área de Maiores, que ten como obxectivo potenciar o papel activo dos maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades de voluntariado.