• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Espazo +60 Afundación de Ferrol entrega a recadación da súa tenda solidaria á Cociña Económica
Sala de prensa
O Espazo +60 Afundación de Ferrol entrega a recadación da súa tenda solidaria á Cociña Económica

O Espazo +60 Afundación de Ferrol entrega a recadación da súa tenda solidaria á Cociña Económica

venres, 19 de decembro de 2025
Mayores

Persoas voluntarias do Espazo +60 de Afundación en Ferrol entregaron esta mañá un cheque solidario á Cociña Económica desta localidade coa recadación obtida na súa tenda solidaria. O total ascende a 2800 euros, obtidos grazas á venda de produtos de artesanía realizados por socias voluntarias do Espazo+60 que participan durante todo o ano no Taller Solidario. No acto de entrega estiveron a coordinadora do Espazo +60 Afundación de Ferrol, Mercedes Garnelo; o tesoureiro da Cociña Económica de Ferrol, Julián López; e as socias voluntarias participantes.

A iniciativa xurdiu no ano 2005 no obradoiro de manualidades do centro, cando a profesora que dirixía a actividade trasladou que no Sanatorio da Fundación Fontilles de Alacante escaseaban vendas para os seus pacientes con lepra, e todas as persoas do curso comezaron a elaboralas artesanalmente. Naceu así o espazo «Maiores solidarios» que continuou colaborando con outras iniciativas. No obradoiro solidario elaboran mandís, complementos de lá, traballos en patchwork, marcapáxinas, bolsos, bolsas de compra feitas con paraugas reciclados, gorros, chales, chaveiros... cuxa recadación pola súa venda destinan á Cociña Económica de Ferrol desde o 2006. Durante estes anos levan recadados máis de 60.000 euros e actualmente participan 23 persoas de entre 65 e 97 anos, coordinadas por Ana Vila.

Esta actividade ten como finalidade o desenvolvemento de hábitos de reciclaxe e promove a creatividade e a imaxinación á vez que fomenta a solidariedade e a cooperación entre os participantes. Está enmarcada dentro do programa «O valor da experiencia» da Área de Maiores, que ten como obxectivo potenciar o papel activo dos maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades de voluntariado.

Imaxes dispoñibles aquí.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078