O CPR Afundación acolleu hoxe «Todas e todos contamos», a proposta inclusiva de Afundación para o público escolar
Nun contexto de superación das desigualdades sociais, o reforzo da inclusión e recoñecemento das discapacidades, desde Afundación, a Obra Social de ABANCA, lánzase unha nova edición do programa «Todas e todos contamos» para todos os centros de Galicia co que, a través de diferentes actividades culturais, un total de 2352 estudantes participan do valor da arte como medio de expresión e aprendizaxe. Hoxe, o CPR San José de Pontevedra acolleu os obradoiros que integran esta proposta de Afundación e na que participaron máis de 117 estudantes.
Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou o respecto son algunhas das ensinanzas presentes na actividade, impartida por persoas con discapacidade pertencentes á Fundación Igualarte. A relación que se establece entre alumnos e monitores contribúe a mellorar a sensibilidade afectiva e emocional dos escolares, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa, e facilitar o establecemento de relacións interpersoais.
O material audiovisual está dispoñible aquí.
Esta anovadora proposta pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta a inserción laboral de persoas con discapacidade e promove a súa autoestima e confianza ao exercer un rol activo na sociedade.
As propostas
«Todas e todos contamos» artéllase en varios obradoiros que cada centro escolar pode escoller.
Para infantil e primeiro de primaria está pensado o contacontos «A familia». Nárrase un conto creado pola Fundación Igualarte, de maneira teatralizada, ademais de signar as partes máis fundamentais (familiarización co uso da lingua de signos). A historia tratará das diferentes familias coas que nos podemos atopar (monoparentais, numerosas, dous pais, dúas nais...).
Unha vez escoitado o conto, realizarase a actividade «Creando a miña familia». Cada nen@ debuxará as persoas que conforman a súa familia, uníndoas a todas para crear un móbil colgante. Desta maneira poderán ver que cada familia é diferente pero igual de marabillosa.
Para segundo, terceiro e cuarto de primaria desenvolveuse «As tarefas do fogar, entre todas e todos», unha obra de teatro con moito humor para comprender e aprender rindo que a igualdade de xénero é cousa seria. Un espectáculo no que o público ten un gran protagonismo, podendo participar en diferentes ocasións do espectáculo.
Para quinto e sexto de primaria ofrécese un obradoiro de percusión. Despois de dar un pequeno concerto, as e os monitores deste divertido obradoiro achegarán unha serie de pautas sobre percusión corporal e sobre percusión con instrumentos, ademais de realizar estes últimos con materiais reciclados.
Para o alumnado de primeiro e segundo de ESO proxectaranse dúas curtas. Con lupa é unha historia cotiá e íntima, construída sobre os xestos e o silencio, ou dito con máis precisión, sobre os silencios. Preséntanse un catálogo de miradas que revelan a incomodidade de cada situación descrita, en cada unha destas miradas xacen os nosos prexuízos e medos.
Por iso narra a historia dunha moza con discapacidade que ten a inquietude de prolongar os seus estudos e acode a inscribirse nun ciclo medio. Con todo, cando chega á secretaría do centro educativo atópase con barreiras inesperadas. Esta curtametraxe trata de reivindicar a igualdade de oportunidades educativas.
Unha vez realizado o visionado abrirase un pequeno debate sobre as mensaxes ou as reflexións extraídas da curta. Para estes debates contarase con algúns actores ou actrices protagonistas. A modo de peche cada moz@ realizará unha colaxe na que plasmará os coñecementos e aprendizaxes tratados. A maiores poderíaselles dar a oportunidade de expoñer este traballo ante @s compañeir@s.
«Todas e todos contamos» nace para converterse nun referente de boas prácticas aliñado cos valores de sensibilización social no marco dos centros escolares. O seu desenvolvemento o leva a cabo Afundación, a Obra Social de ABANCA, e conta coa colaboración da Fundación Igualarte dedicada a traballar a prol do colectivo de persoas con discapacidade e a súa inclusión.
Os centros participantes
|
Centro |
Localidade |
|
CPR Plurilingüe Jesuitinas |
A Coruña |
|
CEIP Menéndez Pelayo |
Lugo |
|
CEIP Santa María Do Valadouro |
O Valadouro |
|
CEIP Plurilingüe Sestelo-Baión |
Vilanova de Arousa |
|
CEIP Saco e Arce |
Toén |
|
CPR Plurilingüe Rosalía de Castro |
Vigo |
|
CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera |
Ponteareas |
|
CEIP San Xoán |
Becerreá |
|
CPI Plurilingüe Cernadas de Castro Cernadas de Castro |
Lousame |
|
IES Macías O Namorado |
Padrón |
|
CEIP Plurilingüe Cruceiro |
Vilalonga |
|
CEIP Vicente Risco |
Cualedro |
|
CEIP Oímbra |
Oimbra |
|
CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares |
Vigo |
|
CPI Mosteiro-Meis |
Pontevedra |
|
CEIP A Maía |
Ames |
|
CPR San José |
Pontevedra |
|
CPI De Mondariz |
Mondariz |
|
IES Terra de Soneira |
Vimianzo |