• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O conxunto de cámara pontevedrés Camerata Arven interpretará mañá no Auditorio de Afundación senllas composicións de Mozart
Sala de prensa
O conxunto de cámara pontevedrés Camerata Arven interpretará mañá no Auditorio de Afundación senllas composicións de Mozart

O conxunto de cámara pontevedrés Camerata Arven interpretará mañá no Auditorio de Afundación senllas composicións de Mozart

martes, 19 de maio de 2026
Cultura

. Poucas semanas antes de morrer, Wolfgang Amadeus Mozart (1756 – 1791) escribiu o Concerto para clarinete e orquestra en La maior K622. Dezasete anos antes, cando logo dunha frenética etapa de viaxes e concertos volvera instalarse na súa cidade natal Salzburgo (Austria), na que naceu, escribira a Sinfonía n 29 en La maior, K 201. O conxunto de cámara pontevedrés Camerata Arven interpretará ambas as pezas no concerto que ofrecerá mañá ás 20.30 h no Auditorio da Sede de Afundación en Pontevedra. As entradas están dispoñibles  en Ataquilla.com.

No concerto, organizado en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Pontevedra, actuará como director e solista o clarinetista Francisco Javier Morgade. Tamén clarinete solista da Orquestra Sinfónica de Pontevedra, Morgade é ademais membro fundador da Camerata Arven, unha formación integrada por músicos afincados na cidade e a súa área de influencia e que traballa no fomento do interese pola música de cámara. Camerata Arven explora, redescubre e difunde as grandes obras da música de cámara.

 

Programa do concerto

A sesión musical do mércores 20 de maio comezará co Concerto para clarinete e orquestra en La maior, K 622 de Mozart. Asegura o programa do concerto que a obra recolle parte dese sabor a traxedia anticipada que embargaba ao músico. «Estamos ante unha das músicas máis enigmáticas e melodiosas que xamais se compuxeron», defenden dende a Sociedad Filarmónica de Pontevedra. A composición volveu ser amplamente escoitada a finais do século pasado alén dos circuítos da música culta ao formar parte central da banda sonora orixinal da película Memorias de África.

A segunda das pezas que soarán no concerto é a Sinfonía n 29 en La maior, K 201, escrita por Mozart cando tiña 18 anos, regresou a Salzburgo, e foi designado mestre de concertos da corte da cidade austríaca. Trátase dunha composición para cordas, dous óboes e dúas trompas. Aínda que salpican a partitura pasaxes algo sombríos, o espírito xeral da obra alíñase coas características habituais de proporción, mesura, bonhomía e frescura da música galante.

«Cultura por alimentos»

O concerto de Camerata Arven forma parte do programa «Cultura por alimentos», que Afundación leva a cabo en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (Fesbal). Os asistentes á sesión musical poderán entregar alimentos non perecedoiros no acceso á sede de Afundación en Pontevedra para a súa distribución entre persoas e familias en risco de exclusión da cidade e a súa zona de influencia.

 

 

 

 

Hai unha imaxe de Camerata Arven nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078