• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias O Auditorio do Teatro Afundación acolle o 28 de maio o terceiro encontro galego de asociacións de pacientes con cardiopatías
Sala de prensa
O Auditorio do Teatro Afundación acolle o 28 de maio o terceiro encontro galego de asociacións de pacientes con cardiopatías

O Auditorio do Teatro Afundación acolle o 28 de maio o terceiro encontro galego de asociacións de pacientes con cardiopatías

mércores, 20 de maio de 2026
Institucional

O Teatro Afundación de Vigo será escenario, o xoves 28 de maio, do Terceiro Encontro Galego de Asociacións de Pacientes con Cardiopatías. O evento reunirá a profesionais sanitarios, asociacións de persoas que padecen diferentes cardiopatías, administracións e cidadanía. Abordarán temas coma o papel das asociacións, e o auto-coidado. Ademais, haberá diferentes obradoiros. O Terceiro Encontro Galego de Asociacións de Pacientes con Cardiopatías celebrarase en horario de tarde no Auditorio do Teatro Afundación, das 16:00 ás 20:00 horas, e a asistencia é de balde ata completar capacidade.

O programa inclúe formación en reanimación cardiopulmonar (RCP) e uso de desfibriladores, sesións sobre hábitos saudables en todas as idades, control da tensión e abandono do tabaco, así como un obradoiro de alimentación cardiosaudable. Entre o persoal sanitario que participará, ademais de especialistas en cardioloxía, haberá especialistas en materias coma nutrición, psicoloxía, fisioterapia ou enfermería. A cociñeira Lucía Abreu impartirá o obradoiro adicado á cociña.

 

As asociacións, presentes

Catro asociacións galegas de pacientes con diferentes cardiopatías participan no encontro. A súa intervención, no conversatorio titulado «Importancia das asociacións de pacientes con enfermidade cardiovascular», será a primeira das actividades. Estarán presentes representantes de primeiro nivel da Organización de Asociaciones de Pacientes de la Sociedad Española del Corazón, da Asociación de Cardiópatas Galicia Sur, da Asociación Española de Miocardiopatía Hipertrófica e máis da Asociación Amicor - Amigos del Corazón.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) considera ás asociacións de pacientes como actores fundamentais e indispensables na transformación dos sistemas sanitarios modernos. De aí a importancia deste tipo de eventos. O Terceiro Encontro Galego de Asociacións de Pacientes con Cardiopatías está organizado pola Sociedade Galega de Cardioloxía, a Fundación Española del Corazón e a Unidade de Rehabilitación Cardíaca do Servizo de Cardioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro. Conta co apoio de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e da empresa lucense Apetéceme.

O encontro está dirixido a todos os públicos, tanto a pacientes e familiares coma a calquera persoa interesada na prevención do risco cardiovascular.

 

 

 

 

 

 

O programa completo está na web da Fundación Española del Corazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078