• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias A arte como motor verde: Afundación impulsa durante todo o ano propostas culturais que promoven a sostibilidade
Sala de prensa
A arte como motor verde: Afundación impulsa durante todo o ano propostas culturais que promoven a sostibilidade

A arte como motor verde: Afundación impulsa durante todo o ano propostas culturais que promoven a sostibilidade

venres, 08 de agosto de 2025
Cultura

Nos últimos anos, Afundación, a Obra Social de ABANCA, consolidou un modelo innovador que sitúa as propostas culturais no centro da acción polo clima. Baixo o paraugas do seu programa «Educación para a sostibilidade», distinguido co primeiro premio na categoría de Medio Ambiente do Premios CECA de Obra Social e Educación Financeira 2024, Afundación propón exposicións, tanto de sala coma de rúa, dentro e fóra de Galicia; actividades coma «Plantando árbores con pinceis», nas que se utilizan pinturas fotocatalíticas anticontaminantes para pintar murais nos centros escolares; ou as actividades e obradoiros que se poden realizar no centro Naturnova. O seu enfoque combina a reflexión artística e cultural co coñecemento científico e o activismo cidadán, demostrando que a arte non só emociona, senón que tamén informa, mobiliza e transforma. No que vai de ano, máis de 77.500 persoas participaron e gozaron con estas actividades. 

Mediante unha implantación transversal a todas as áreas de Afundación, o obxectivo reside en inculcar prácticas sostibles entre unha xeración consciente e comprometida, e animar, con iso, a máis xente a sumarse a un futuro sostible. É un ambicioso programa que conxuga o coidado do medio ambiente co fomento da responsabilidade propia, os estímulos da autonomía persoal e o empoderamento da mocidade. Na súa implementación están involucradas moi distintas áreas de Afundación, visibilizando a transversalidade deste programa ao conxunto da entidade e reflectindo a súa vocación de actuación integral.

AS PROPOSTAS CULTURAIS COA SOSTIBILIDADE COMO CARACTERÍSTICA TRANSVERSAL 

Algunha destas propostas culturais, concibidas como chamadas á acción para construírmos unha sociedade máis sostible e responsable, son:

Os proxectos expositivos, as través dos cales Afundación visibiliza o seu compromiso coa difusión e a didáctica do coidado do medio ambiente. Son mostras que se expoñen nas salas expositivas da Obra Social de ABANCA, pero tamén en medianos e pequenos núcleos de poboación, nas rúas, e en puntos clave dos circuítos internacionais tales como o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid. 

No que vai de ano, expúxose a mostra de fotografías «Comedy Wildlife» en dúas versións: a versión de sala, que visitaron máis de 7.600 persoas na Sala de Exposicións Afundación de Ourense, e que aínda se pode visitar no Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid, onde xa a levan visitado máis de 40.000 persoas. E  na versión de rúa, dentro do proxecto «Corrente cultural», que pasou por Noia, onde a viron máis de 16.200 persoas, e está actualmente en Sanxenxo e en Moaña. 

Tamén no Museo Nacional de Ciencias Naturales estivo a mostra «Emocións en perigo», do prestixioso fotógrafo británico Tim Flach, da que gozaron preto de 84.000 persoas durante os tres primeiros meses deste ano. 

Tamén dentro de «Corrente cultural» temos a proposta «Fauna esencial», que estivo en Guitiriz, As Neves, Alfoz, Brión e Fene e que visitaron máis de 2.100 persoas. 

Por outro lado, a actividade nos centros escolares neste ámbito protagonízaa a proposta ecoartística «Plantando árbores con pinceis», mediante a cal o alumnado aprende que o uso de pigmentos fotocatalíticos é útil dado o seu poder de absorción dos gases contaminantes derivados do tráfico e das industrias, fomentando a creación de espazos escolares ecoloxicamente máis depurados grazas á implicación das mozas e mozos do centro. O proxecto consiste en coordinar o estudantado participante, con apoio dun artista muralista, para levar a cabo un mural, con estas pinturas e con temáticas vinculadas co foco de interese do programa, na parede que designe o centro escolar, de maneira que, ao coidado do medio ambiente, se suma a mellora estética do contorno educativo cunha creación artística. A actividade complétase con obradoiros de pintado de bolsas de tea nos que se traballará a temática medioambiental desde un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar da natureza.

Durante este curso escolar, máis de 2.500 alumnos e alumnas de centros escolares de toda Galicia participaron na creación destes murais colectivos e sostibles. 

E finalmente, Naturnova, o pioneiro e único centro de educación ambiental de Galicia, situado en Vigo, que é referencia na aprendizaxe sobre os nosos ecosistemas terrestres e mariños máis próximos, así como dalgunhas das curiosidades máis impactantes sobre o sistema solar. Con experiencias nas propias salas ou no simulador submarino, os escolares aprenden dun modo inmersivo sobre a necesidade de respectar e coidar os contornos. Ademais, Naturnova organiza actividades monográficas co gallo daquelas efemérides vinculadas coa ciencia e a sostibilidade, como é o caso, por exemplo, das propostas deseñadas ao longo do mes de febreiro en relación co Día da Muller e a Nena na Ciencia, as xornadas de portas abertas co gallo do Día do Medio Ambiente e o Día Mundial dos Océanos ou diversos obradoiros dirixidos a coñecer a importancia dos insectos nos ecosistemas.

Durante este ano albergou a exposición «Un mundo de árbores», que reuniu preto de 1500 visitantes. No que vai de ano, máis de 7.600 persoas gozaron dos seus obradoiros e das posibilidades interactivas que ofrecen as súas salas.  

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078