• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias «Educación Século XXI» aborda na Sede de Afundación de Vigo o uso responsable, crítico e consciente da Intelixencia Artificial n
Sala de prensa
«Educación Século XXI» aborda na Sede de Afundación de Vigo o uso responsable, crítico e consciente da Intelixencia Artificial n

«Educación Século XXI» aborda na Sede de Afundación de Vigo o uso responsable, crítico e consciente da Intelixencia Artificial n

martes, 03 de marzo de 2026
Conocimiento y Formación

«Educar en Intelixencia Artificial hoxe é educar en autonomía, responsabilidade e futuro». Esa é unha das ideas que o catedrático da Universidade da Coruña, Francisco Bellas, trasladará o martes 17 de marzo a escolares, docentes e familias no auditorio da Sede de Afundación en Vigo. O título da actividade  é: «¿IA en educación? Si, pero con cabeza: aprender a usala sen perder o control». O evento é parte do ciclo «Educación Século XXI», o programa da Obra Social de ABANCA dedicado á reflexión e a divulgación de coñecemento para a comunidade escolar. O 17 de marzo, Francisco Bellas manterá a las 11.00 h un encontro con escolares e docentes de Vigo e a súa área de influencia. Xa pola tarde, ás 19 horas, impartirá unha conferencia aberta. A asistencia é de balde previo rexistro en Ataquilla.com.

Francisco Bellas é catedrático en Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información. Dende hai 25 anos, investiga a aplicación da IA a diferentes campos da enxeñería ademais de impartir materias relacionadas coa aprendizaxe automática e a robótica autónoma. Autor de máis de 40 artigos publicados en revistas indexadas e de máis de 100 contribucións a congresos internacionais e capítulos de libro, nos últimos anos focaliza os seus estudos en campos relacionados educación. Asesora sobre alfabetización en IA a institucións coma a Xunta, o Consello de Europa, a UNESCO ou a Universidade de Catar.

 

 

 

Lonxe de prohibicións

Nos seus encontros coa comunidade educativa na Sede de Afundación en Vigo, Francisco Bellas proporá a alfabetización en Intelixencia Artificial como a chave para un uso responsable, crítico e consciente das novas ferramentas dixitais. Disertará sobre cuestións como que se pode e que non se pode facer co IA, cales son os seus riscos, ou como utilizala sen delegar o pensamento nin a aprendizaxe. Defende, Francisco Bellas, que lonxe de prohibicións ou medos, hai que formar usuarios capaces de tomar decisións informadas, manter o control sobre a tecnoloxía e aproveitala como apoio á aprendizaxe, non coma ferramenta de substitución.

Logo de 25 anos traballando con esta tecnoloxía, o conferenciante cre que a sociedade, e tamén a comunidade educativa, están nunha fase de transición, de adaptación a este tipo de computación. Así o explica con frecuencia nas súas disertacións. Nun encontro celebrado o pasado ano con estudantes de secundaria en Santiago de Compostela, referíase aos beneficios que pode traer a IA. Pero tamén aos seus riscos: «O principal perigo é que a Intelixencia Artificial faga as cousas que tedes que facer vós», sinalaba. E defendía a formación nesta tecnoloxía, tanto do alumnado como do profesorado, para aproveitar as súas vantaxes. 

A conferencia de Francisco Bellas é unha das tres programadas neste semestre polo ciclo «Educación Século XXI». Todas versan sobre os retos que supón a irrupción da IA en relación cos menores, a súa a utilidade e os seus riscos como ferramenta educativa, e os retos que formula coma fenómeno social.

O ciclo «Educación Século XXI» é un punto de encontro para a reflexión e a divulgación de coñecemento para a comunidade escolar. As presentacións que organiza son case sempre en dobre sesión: unha matinal só para centros educativos, á que asisten alumnado e profesorado, e outra para o público xeral.

 

«Cultura por alimentos»

As actividades do ciclo «Educación Século XXI» forman parte do programa «Cultura por Alimentos», de Afundación e a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Na sede de Afundación hai contedores para a recolección de doazóns de alimentos que FESBAL e encargará de distribuír en Vigo e a súa área de influencia.

 

Hai imaxes de Francisco Bellas nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078