ABANCA e Afundación entregan máis de 88 000 máscaras e pantallas protectoras
Afundación, a Obra Social de ABANCA, a través do seu Colegio Hogar, o centro de formación profesional situado en Vigo, máis de 61000 pantallas faciais e máscaras de primeira barreira de protección, para reforzar o material de seguridade necesario nesta epidemia, ás diferentes forzas e corpos de seguridade do Estado (policía local, nacional e comandancias da Garda Civil), a Xunta de Galicia, centros penais (cuxa entrega foi posible grazas á colaboración dos voluntarios de Correos Vida), institucións sanitarias, concellos de menos de 30 000 habitantes, empresas colaboradoras ou residencias de maiores, entre outros destinos. A estas unidades súmanse as 20 000 doadas por ABANCA e 7000 pantallas fabricadas no Colegio Hogar Afundación que se distribuíron en todas as residencias de maiores de Galicia.
107 voluntarios do equipo de Afundación, antigos alumnos do Colegio Hogar, costureiras, voluntarios de Correos Vida, Cáritas, taxistas etc. fixeron posible este proxecto. A dinamización do voluntariado é un dos eixos estratéxicos de Afundación e, nesta complexa conxuntura, está a revelarse como un dos elementos fundamentais para contribuír a paliar os efectos adversos derivados dela.
Esta iniciativa de Afundación, impulsada a pedimento dos docentes do departamento de Artes Gráficas do Colegio Hogar, coñecido como A Cociña Gráfica, e cuxo taller de impresión dixital é un referente a nivel estatal, desenvolveuse desde o venres 20 de marzo ata que se regularizou a subministración destes medios de protección. A partir dese momento, toda a maquinaria, persoal voluntario e materiais puxéronse ao dispor do centro de Afundación. Organizouse o traballo diario con docentes, persoal de administración e servizos ( PAS), alumnos e exalumnos e voluntarias e voluntarios do equipo da Obra Social de ABANCA.
Esta colaboración de Afundación, a Obra Social de ABANCA, a través do seu Colegio Hogar, foi posible, ademais de por a iniciativa dun profesorado comprometido socialmente, grazas á colaboración das grandes empresas do sector mediante a maquinaria que puxeron ao dispor do centro: SignTronic, Siser, Framun Techno, Tajima, Roland DG e Delikia.
Afundación, a Obra Social de ABANCA, é unha entidade socialmente comprometida que, nesta complexa etapa de excepcionalidade, séguese implicando para continuar á beira da cidadanía. Neste caso, mediante a reconversión das súas actividades orixinais para axudar en momentos de dificultade de subministración de materiais. Afundación seguirá traballando para contribuír ao avance e á mellora da nosa sociedade.