• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Variada proposta de cursos de cociña na Sede Afundación de Vigo para o mes de novembro
Sala de prensa
Variada proposta de cursos de cociña na Sede Afundación de Vigo para o mes de novembro

Variada proposta de cursos de cociña na Sede Afundación de Vigo para o mes de novembro

luns, 30 de outubro de 2017
Conocimiento y Formación

Afundación ofrece unha completa proposta de cursos de cociña para o mes de novembro na Aula de cociña da súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 26). A programación está formada por catro cursos: «Cociña para principiantes II», «Outono de sabores», no que os asistentes cociñarán receitas con produtos de tempada, «Cociña de festa», para aprender a elaborar receitas innovadoras para eventos sinalados, e «Cociña co teu mellor pinche», un curso dirixido a nenos e nenas acompañados dun adulto. Todos eles serán impartidos por «La cocina de Monse» e as inscricións pódense facer a través de Ataquilla.com.

CURSO «COCIÑA PARA PRINCIPIANTES II»

Está dirixido a persoas que desexen aprender a cociñar partindo dun nivel básico. Impartirase os luns 6, 13, 20 e 27 de novembro, en horario de 20.00 a 22.00 h e os asistentes aprenderán a cociñar receitas como patacas recheas de atún, vasiños de crema de arroz con pexego, polo aos tres pementos, galletas suaves de améndoa, arroz cremoso con cogomelos, rosquillas de laranxa, albóndegas de pescada en salsa verde e salchichón de chocolate.

CURSO «OUTONO DE SABORES»

Os participantes aprenderán a elaborar pratos utilizando ingredientes propios desta época do ano. Así, cociñarán queixo frito en camisa con salsa de froitos vermellos, vol au vent de cogomelos, foie e noces ao Pedro Ximénez, tartaletas de lagostinos e gulas sobre pan de molde, mousse de mexillóns, queixo e marmelada, queixo brie recheo de xamón e marmelada, envolto en milfollas, torrixas de mazá, minicroisants de polo Alfredo e un brownie de chocolate e queixo. As clases terán lugar os mércores 8, 15, 22 e 29 de novembro en horario de 20.00 a 22.00 h.

CURSO «COCIÑA DE FESTA»

O obxectivo é potenciar a imaxinación e a creatividade para elaborar receitas innovadoras que non pasen desapercibidas nas datas sinaladas. Terá lugar os xoves 9, 16, 23 e 30 de novembro en horario de 20.00 h a 22.00 h e cociñaranse unha escuma de piquillos con crema de iogur, pizza coroa de advento, abeto con espinacas e lagostinos, mousse de turrón e mascarpone, picantóns recheos de pasas e orellóns, plum-cake salgado envolto en agasallo, solombo ao viño tinto con duxelles e unha torta de chocolate branco coas uvas de fin de ano.

CURSO «COCIÑA CO TEU MELLOR PINCHE»

Trátase dun taller culinario didáctico dirixido a nenos e nenas de 7 a 14 anos acompañados dun adulto realizado co obxectivo de fomentar o traballo en equipo. Será impartido os sábados 11, 18 e 25 de novembro e o 2 de decembro en horario de 11.00 a 13.00 h e os asistentes cociñarán pastel de carne e patacas, rolos de chocolate con froitas, ensalada de pasta, torta de queixo en vasiños, empanadiñas de pizza, galletas chococrispies, abeto de milfollas con espinacas e xamón e unha torta de mazá.

11, 18 y 25 de noviembre y el 2 de diciembre en horario de 11.00 a 13.00 h y los asistentes cocinarán pastel de carne y patatas, rollitos de chocolate con frutas, ensalada de pasta, tarta de queso en vasitos, empanadillas de pizza, galletas chococrispies, abeto de hojaldre con espinacas y jamón y una tarta de manzana.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078