Afundación presenta en Vigo dous cursos sobre historia da arte impartidos por Ana Pereira Molares
A Sede Afundación e o Teatro Afundación de Vigo albergarán dous cursos sobre arte que se desenvolverán entre os meses de outubro e abril. Ambos os programas serán impartidos por Ana Pereira Molares, doutora en Historia da Arte, e as inscricións pódense formalizar na web Ataquilla.com, no teléfono 902 504 500 ou na Sede Afundación de Vigo.
A programación iniciarase co curso «De Piero della Francesca a Bansky: vida e obra de trinta figuras da historia da arte» o próximo 30 de outubro na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26). A partir desa data impartirase todos os luns ata o 16 de abril en horario de 19.30 a 21.00 h. Neste curso os asistentes poderán aproximarse a algunhas das figuras máis relevantes da historia da arte tomando como punto de partida o Quattrocento italiano con della Francesca e Botticelli e pasando por artistas como Caravaggio, Rubens, Velázquez, Goya, Picasso, Kandinsky, Warhol, Antoni Tàpies ou Miquel Barceló, entre outros, ata finalizar o percorrido coa arte urbana de Obey e Bansky.
«Arte e sociedade na España moderna e contemporánea» é a segunda proposta formativa desta programación que comezará o martes 31 de outubro na sala de conferencias do Teatro Afundación (Policarpo Sanz, 13) e continuarase impartindo todos os martes ata o 17 de abril en horario de 19.00 a 20.30 h. Neste curso analizarase o contexto social, político e cultural de diferentes etapas da historia de España, comezando no século XV, e as expresións artísticas froito de cada etapa ata a actualidade.
A DOCENTE
Ana Pereira Molares é licenciada en Historia da Arte pola Universidad Autónoma de Madrid, onde obtivo o Premio Extraordinario Fin de Carreira, e doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela.
Compaxinou a actividade docente cun intenso labor investigador, centrado fundamentalmente no estudo dos diferentes perfís tipolóxicos da arquitectura galega do período barroco. Deste traballo nacen as publicacións A arquitectura do pazo en Vigo e a súa comarca, publicado polo COAG; Os pazos. Moradas fidalgas de Galicia, editado baixo o patrocinio da Editorial Galaxia; e Galicia, terra de pazos. É autora tamén da publicación Arquitecturas y arquitectos en la Diócesis de Tui. Siglos xvii y xviii, un traballo que ten como fundamento a tese doutoral que defendeu na Universidade de Santiago de Compostela, cualificada por unanimidade polo tribunal con sobresaínte cum laude.
Ten numerosos artigos publicados en diferentes revistas especializadas. Nos últimos anos a materia obxecto da súa investigación vese complementada por outras liñas de reflexión, orientadas ao ámbito dás artes plásticas.
No ano 1998 é designada membro numerario do Instituto de Estudos Vigueses, sendo a primeira muller que ostenta tal cargo.
os la materia objeto de su investigación se ve complementada por otras líneas de reflexión, orientadas al ámbito das artes plásticas.
En el año 1998 es designada miembro numerario del Instituto de Estudios Vigueses, siendo la primera mujer que ostenta tal cargo.