• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Volve aos centros escolares «Plantando árbores con pinceis», o proxecto educativo de Afundación que une cultura e sostibilidade
Sala de prensa
Volve aos centros escolares «Plantando árbores con pinceis», o proxecto educativo de Afundación que une cultura e sostibilidade

Volve aos centros escolares «Plantando árbores con pinceis», o proxecto educativo de Afundación que une cultura e sostibilidade

martes, 31 de marzo de 2026
Conocimiento y Formación

Afundación desenvolverá ata o vindeiro 27 de abril unha nova edición do seu proxecto «Plantando árbores con pinceis», coa participación de máis de 1300 escolares de centros educativos de toda Galicia neste último trimestre do curso escolar 2025-2026. A iniciativa enmárcase no programa da Obra Social de ABANCA «Educación para a sostibilidade», premio nacional de Medio Ambiente de CECA.

En «Plantando árbores con pinceis» o alumnado aprende que o uso deste tipo de pigmentos é útil dado o seu poder de absorción dos gases contaminantes derivados do tráfico e das industrias, fomentando a creación de espazos escolares ecoloxicamente máis depurados grazas á implicación das mozas e mozos do centro. Unha innovadora proposta que ten como obxectivo achegar ao estudantado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de lecer que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

O proxecto consiste en coordinar ao estudantado participante para realizar un mural, con estas pinturas e con temáticas relacionadas co medioambiente, na parede que designe o centro escolar. A actividade complétase con talleres de pintado de bolsas de tea nos que se traballa a temática ambiental dende un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar da natureza. 

Como novidade nesta edición incorpórase un taller de estampaxe no que o alumnado participante realizará un persoal relacionado co coidado do medioambiente que posteriormente se estampará en distintas localizacións de cada centro. Ademais, Afundación incorporará tamén un persoal do movemento internacional «O mar empeza aquí», ao que se sumou a entidade co obxectivo de visibilizar que os residuos que lanzamos na rúa ou directamente na rede de sumidoiros poden acabar no mar. 

Dende que se iniciou o proxecto en 2021 e, unha vez finalice esta nova edición, máis de 19000 escolares e docentes terán pintado 217 murais en centros educativos de toda Galicia. 

Os centros educativos que participarán no proxecto este trimestre son:

DATA

CENTRO EDUCATIVO

LOCALIDADE

08/04/2026

CEIP CURROS ENRÍQUEZ

OURENSE

09/04/2026

CEIP FONTES BAÍÑA

BAIONA

10/04/2026

CPR PLURILINGÜE ALBORADA

VIGO

13/04/2026

CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE 

A GUARDA

15/04/2026

CEIP O RUXIDOIRO

A VALENZÁ - BARBADÁS

16/04/2026

CEIP A XUNQUEIRA 2

PONTEVEDRA

17/04/2026

CEIP O POMBAL

VIGO

20/04/2026

CEIP PLURILINGÜE DA RIBEIRA

TORNEIROS (O PORRIÑO)

22/04/2026

CEIP CURROS ENRÍQUEZ 

CELANOVA

23/04/2026

CEIP A RAMALLOSA

TEO

24/04/2026

CEIP JOSEFA ALONSO

VIGO

27/04/2026

CPR PLURILINGÜE SAN FRANCISCO

VILAGARCÍA DE AROUSA

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078