• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Cristina Pato recibe o XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
Sala de prensa
Cristina Pato recibe o XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Cristina Pato recibe o XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

xoves, 17 de decembro de 2020
Cultura Conocimiento y Formación

17.12.2020. Afundación, a Obra Social de ABANCA celebrou esta mañá no Café Moderno Afundación de Pontevedra o acto de entrega do XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, outorgado a Cristina Pato polo seu artigo «Realidades paralelas» publicado no diario La Voz de Galicia.

Acompañaron a premiada, ademais das outras dúas persoas finalistas, Míriam Ferradáns e Diego Giráldez, o director xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar, quen abriu o acto recordando que este ano «tan extraordinario en tantísimos ámbitos, é tamén o décimo aniversario do pasamento de Francisco Fernández del Riego, e a el rendemos unha merecida homenaxe neste encontro». Quixo tamén trasladar ás persoas finalistas os «parabéns por esta distinción e quérovos agradecer as vosas historias e as vosas palabras. Coma vós, en Afundación queremos que a cultura e o coñecemento sexan patrimonio social». Xunto a el estiveron Francisco Domínguez, presidente da Fundación Penzol, quen ofreceu unha conferencia en homenaxe a Fernández do Rego; Vítor Freixanes, presidente do xurado; Carlos Vale, secretario; Fina Casalderrey, vocal; Inma López Silva, vocal; e Gloria Rodríguez López, vocal.

Tras a conferencia de Francisco Domínguez, na que se detallou a traxectoria de Fernández do Rego como un dos intelectuais imprescindibles para comprender a evolución da cultura galega ao longo do século XX, Carlos Valle, secretario do xurado, procedeu a ler a acta. Nela os xurado constataba a dificultade na elección debido á elevada calidade dos tres textos, e como, tras intensas reflexións «Realidades paralelas» resultara seleccionado.

Cristina Pato quixo agradecer aos seus compañeiros finalistas, Míriam Ferradáns e Diego Giráldez, poñeren en valor nos seus artigos a necesaria atención ás emocións, especialmente nun ano tan complexo. Así, destacou «o amor á familia, aos amigos. E o amor pola literatura, que durante os meses de confinamento foi o meu apoio, especialmente a literatura galega, xa que era a que me quedaba máis a man, ao ter que me confinar en Galicia».

Finalmente, o presidente do xurado, Vítor Freixanes, destacou o compromiso de Afundación coa cultura e quixo acentuar o valor do «xornalismo literario, que é o tipo de xornalismo que recoñecen estes premios, xa que nel se integran textos destinados a perdurar e a ofrecer literatura nos xornais. Cristina Pato relatou no seu artigo unha metáfora do amor interxeracional á que podemos regresar, co mesmo interese de hoxe, dentro de moitos anos».

 

Cristina Pato

Cristina Pato é unha gaiteira galega, pianista clásica, escritora e educadora apaixonada. Aclamada como «unha virtuosa explosión de enerxía» por The New York Times, a súa vida profesional está dedicada á interpretación e á docencia que explora o rol das artes e das ciencias na sociedade. Ademais do seu traballo como música, Cristina traballou como artista residente na Universidade de Harvard e na Universidade de California Santa Barbara, onde creou un curso interdisciplinario sobre memoria xunto co neurocientífico Kenneth S. Kosik e a artista Kim Yasuda. Tamén traballou como asesora de educación de Silkroad, organización fundada polo violonchelista Yo-Yo Ma. É a fundadora do festival Galician Connection e escribe unha columna semanal para o xornal La Voz de Galicia. No curso 2019-2020 ocupou a Cátedra de Cultura e Civilización Española no King Juan Carlos Center da Universidade de Nova York (NYU). É doutora en Artes Musicais pola Rutgers University (EUA), e conta cos títulos superiores de Piano, Teoría da Música e Música de Cámara polo Conservatorio de Música do Liceu, e un Mestrado en Artes Dixitais da Universitat Pompeu Fabra. Na actualidade, está preparando un doutoramento en Estudos Culturais na Universidade de Santiago de Compostela.

 

Nesta ligazón están as imaxes do evento:

https://drive.google.com/drive/u/1/folders/1rfwc7-H1k-4TBHYun4vthOsV8T1kSv6P

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078