• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Chema Madoz amosa na Sede de Afundación «A natureza das cousas»
Sala de prensa
Chema Madoz amosa na Sede de Afundación «A natureza das cousas»

Chema Madoz amosa na Sede de Afundación «A natureza das cousas»

mércores, 11 de marzo de 2026
Cultura

Unha selección de fotografías creadas por Chema Madoz desde 1982 ata a actualidade, dialogando coa natureza ou empregando elementos naturais, conforma a exposición do fotógrafo que se inaugura na Sede de Afundación en Santiago o xoves 26 de marzo. Madoz (Madrid, 1958) é un dos creadores máis destacados da fotografía española contemporánea. El defínese ás veces, en entrevistas, como un «fotógrafo surrealista en branco e negro». A exposición, comisariada por Oliva María Rubio e coorganizada con La Fábrica, poderase ver na sede da Obra Social de ABANCA en Compostela, denomínase «A natureza das cousas». Permanecerá aberta ata o 29 de agosto.

Ao comezo da súa carreira, Chema Madoz fotografaba obxectos na súa casa porque non tiña focos nin equipo para propoñerse outras producións. Co tempo, converteuse nun dos fotógrafos contemporáneos máis relevantes. Entre outras distincións, recibiu o Premio Nacional de Fotografía e a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Foi o primeiro autor español vivo ao que o Museo Reina Sofía dedicou unha retrospectiva, e hoxe en día é un dos fotógrafos españois máis consagrados e icónicos.

 

Asociacións insólitas

En «A natureza das cousas», Madoz non só xoga cos obxectos do cotián, como fai con frecuencia na súa obra, senón que expande o seu enxeño á natureza que nos rodea: o reino animal, vexetal e mineral. O peche dunha gaiola transfórmase nunha nube. Un caldeiro de xeo nun agasallo. Notas de música que caen como pólas dunha árbore. Un cacto feito de pedras. Con combinacións desesperadas e asociacións insólitas, Madoz constrúe unha relación de complicidade coa persoa que está fronte á súa obra.

Nas obras que forman parte da exposición unha selección de máis de 50 imaxes entre as que figuran algúns dos fitos máis representativos da súa carreira, o fotógrafo traballa cos elementos da natureza do mesmo xeito que o fai cos obxectos: de todas as maneiras posibles e, con frecuencia, cambiando a súa función.

Afundación organizará visitas guiadas para a exposición, tanto para centros educativos, en horario escolar como para público xeral.

 

«Cultura por alimentos»

A mostra forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolvido pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os visitantes poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin na Sede de Afundación. As doazóns serán distribuídas polo Banco de Alimentos entre familias en risco de exclusión de Santiago e a súa área de influencia.

 

 

 

 

Ha imaxes nesta ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078