• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Chema Madoz amosa na Sede de Afundación de Santiago máis de 60 fotografías
Sala de prensa
Chema Madoz amosa na Sede de Afundación de Santiago máis de 60 fotografías

Chema Madoz amosa na Sede de Afundación de Santiago máis de 60 fotografías

xoves, 26 de marzo de 2026
Cultura

Hai un cacto que está feito con pedras sobre o seu testo. Hai unha gaiola que encerra unha nube. Tamén hai notas musicais caendo coma pólas dunha árbore. Son algunhas das imaxes de Chema Madoz que forman parte da exposición «A natureza das cousas», inaugurada este xoves na Sede de Afundación en Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19) e que permanecerá aberta ata o 29 de agosto.

A exposición reúne unha selección de máis de 60 fotografías creadas por Chema Madoz entre 1982 e 2025 nas que dialoga coa natureza ou empregando elementos naturais. Na serie de imaxes que compoñen a mostra, que ten por comisaria a Oliva María Rubio, Madoz traballa cos elementos da natureza o mesmo que o fai cos obxectos: de todos os xeitos posibles e, con frecuencia, cambiando a súa función. En cada unha das súas obras, o artista xera unha combinación poética e lúdica, ou unha asociación insólita. E sobre ela constrúe unha relación de complicidade coa persoa que está fronte á súa obra. Sucede porque o autor pon ao dispor do público, en cada unha das súas creacións, as claves para descifrala e desfrutala.

 

Sobre Chema Madoz

«Chema Madoz comprácese en trastornar a realidade, porque a pesar da súa aparencia sólida e inalterable, unha mínima variación pode facernos conscientes da fraxilidade daquilo que nos rodea», explica a comisaria da mostra, Oliva María Rubio. O artista, nacido en Madrid en 1958, é un dos creadores máis salientables da fotografía contemporánea. E un dos máis recoñecidos en todo o mundo, tanto pola crítica profesional como polo público xeral.

Expuxo en prestixiosas galerías e museos a nivel nacional e internacional, como o Centro Pompidou de París, o Netherlands Fotomuseum de Róterdam, o Museo de Belas Artes de Caracas ou o Fotofest International de Houston. En 1999 converteuse no primeiro fotógrafo español vivo ao que o Museo Raíña Sofía dedicoulle unha exposición retrospectiva. Sucedeu no mesmo ano no que o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) de Santiago de Compostela acolleu unha exposición individual coa súa obra. A obra de Madoz está presente nas principais coleccións públicas e privadas de España e internacionais.

Madoz acostuma a autodefinirse, en entrevistas, como un «fotógrafo surrealista en branco e negro». Entre outras distincións, recibiu o Premio Nacional de Fotografía e a medalla de ouro ao Mérito nas Belas Artes.

 

Visitas guiadas ás relacións máis sorprendentes

En «A natureza das cousas», Chema Madoz desprega a súa fantasía e funde os reinos animal, vexetal e mineral, dando lugar a un reino propio no que transforma follas, ramas, nubes, madeiras, plantas, flores, pedras… Construíndo, a partir de elementos naturais, poesía, xogo, talento e humor as combinacións máis sorprendentes.

Para profundar na obra de Chema Madoz Afundación organiza unha serie de visitas guiadas á exposición. Haberá un total de 6: dous en abril, outras dúas en maio, e outras dúas en xuño. A asistencia é gratuíta previo rexistro en Ataquilla.com.

Ademais, tamén se celebrarán visitas para centros educativos, en horario escolar e en coordinación cos centros de ensino.

 

«Cultura por alimentos»

A exposición forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolvido pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os asistentes ás funcións poderán colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin na sede de Afundación. As doazóns serán distribuídas polo Banco de Alimentos da Provincia da Coruña entre familias en risco de exclusión de Santiago e a súa área de influencia.

 

 

 

 

 

 

Hai imaxes de Chema Madoz e da exposición nesta ligazón.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078