• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Cafés Candelas inaugura a sexta edición de «Empresa familiar nas aulas», de AGEF e Afundación
Sala de prensa
Cafés Candelas inaugura a sexta edición de «Empresa familiar nas aulas», de AGEF e Afundación

Cafés Candelas inaugura a sexta edición de «Empresa familiar nas aulas», de AGEF e Afundación

luns, 12 de xaneiro de 2026
Conocimiento y Formación

A torrefactora lucense Cafés Candeas inaugurou   hoxe, cunha charla do seu xerente, Ramón Alonso, no colexio Divino Maestro de Lugo, a sexta edición do programa educativo «Empresa familiar nas aulas», que impulsan a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e Afundación, a Obra Social de ABANCA.

Está previsto, ademais, que o alumnado realice o próximo 16 de xaneiro unha visita guiada ás instalacións de Cafés Candelas, no Polígono Industrial do Ceao de Lugo.

Imaxes dispoñibles AQUÍ

 

Mil alumnos de 23 institutos e 23 empresas familiares

 

A iniciativa «Empresa familiar nas aulas» aspira a espertar vocacións emprendedoras e novos horizontes laborais entre os estudantes mediante charlas, talleres prácticos de emprendemento e visitas a empresas. Cada edición do programa finaliza coa convocatoria do concurso «Emprender é soñar, apúntaste?», que premia os mellores proxectos empresariais como estímulo motivacional para os alumnos participantes.

Nesta sexta edición participarán preto de mil alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de 23 institutos das catro provincias galegas, que se unirán aos máis de 3.700 alumnos de 45 centros educativos galegos que xa formaron parte desta experiencia desde a súa posta en marcha en 2021.

 

Así mesmo, directivos de 23 das empresas familiares máis destacadas de Galicia (Aceites Abril, Altia, Aluman, Aluminios Cortizo, Babé e Cia, Cafés Candelas, Congalsa, Espina y Delfín, Galuresa, Grupo Aresa, Grupo Lence, Grupo Nogar, Grupo Pereira, Grupo Pérez Rumbao, Grupo Revi, Grupo Zendal, Inasus, Jealsa, Kaleido, Lodiel, Nauterra, Nortempo e Terras Gauda) serán os encargados de impartir as charlas nos centros educativos galegos, coa finalidade de promover o emprendemento e sensibilizar ao alumnado sobre a importancia e valores das empresas familiares.

«Con este programa educativo queremos contribuír a reforzar a cultura emprendedora nas novas xeracións, visibilizando o papel estratéxico das empresas familiares en Galicia e transmitindo valores esenciais como a colaboración, o esforzo, a responsabilidade e o arraigamento ao territorio. Educar con exemplos reais e da contorna axuda a enriquecer a formación empresarial dos alumnos e a espertar novas vocacións nas aulas que serán esenciais para construír o futuro de Galicia», comentou José Bernardo Silveira, presidente de AGEF.

Pedro Otero, director xerente de Afundación, sinalou que o programa de Empresa Familiar nas aulas «intégrase nas accións educativas de Afundación, orientadas a facilitar un achegamento, xa desde idades temperás, a un ámbito empresarial tan relevante para o ecosistema galego como o familiar. Deste xeito, contribuímos a fomentar unha comprensión máis profunda da contorna laboral coa que se atoparán no futuro, á vez que se enriquece a súa aprendizaxe sobre a realidade empresarial».

Para Antía López, titora e profesora de Formación Profesional do colexio lucense Divino Maestro, «a charla e a visita ás instalacións de Cafés Candelas son unha aprendizaxe moi práctica e complementario cos contidos que vemos en clase a diario. Non hai mellor maneira de aprender o que é unha empresa que escoitando aos seus profesionais e vendo in situ como funciona. Na actualidade, os alumnos teñen toda a información a golpe de clic, e aínda que lles orientamos con formación práctica, esta experiencia axúdalles a aprender o que se van a atopar no mundo laboral».

 

 

Sobre AGEF

A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) é a principal asociación de empresas con raíces, sede social e vocación de permanencia en Galicia, integrada na actualidade por 63 compañías. O seu propósito é promover o desenvolvemento e crecemento das empresas familiares na nosa comunidade, defendendo os seus dereitos e intereses e apoiando iniciativas que as fagan máis competitivas, co obxecto de favorecer o incremento da prosperidade e calidade de vida de Galicia.

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078