
Boticaria García, no ciclo de conferencias «Educación século XXI» de Afundación
O 20 de outubro, no Auditorio do Teatro Afundación Vigo, ás 11.00 h para escolares e ás 18.30 h para público xeral, terá lugar a segunda conferencia desta nueva edición de «Educación século XXI» a cargo de Boticaria García, unha das referencias de maior proxección, tanto en medios de comunicación como en redes, na promoción de hábitos saudables que favorezan un correcto desenvolvemento do noso rendemento físico e cerebral. Así, na súa intervención «O meu cerebro ten fame», salientará a importancia fundamental da alimentación para manter e promover a saúde neuronal, resaltando como unha dieta equilibrada pode ser un piar crave no noso benestar emocional e psicolóxico. Este enfoque integral convídanos a reconsiderar a relación entre o que consumimos e o noso estado mental, promovendo rutinas que beneficien tanto ao noso corpo como á nosa mente.
As inscricións para público escolar pódense tramitar aquí e as de público adulto, en Ataquilla.com.
As imaxes dos relatorios de todo o ciclo están dispoñibles aquí.
As próximas conferencias para público escolar e adulto
O 30 de outubro, para escolares ás 11.00 e para público adulto ás 19.00 h, a Sede Afundación A Coruña acollerá a conferencia «Insatisfacción xuvenil coa imaxe corporal, cirurxía?», na que Francisco Martelo abordará o complexo mundo das presións relacionadas coa imaxe en adolescentes, reflexionando sobre a problemática da dismorfia corporal e o seu impacto na autoestima e o benestar dos máis novos.
O 11 de novembro, no marco do mes dedicado á neurodiversidade, a Sede Afundación Pontevedra acollerá dúas conferencias, no horario das anteriores, a cargo de Daniel Millán, psicólogo especializado en autismo, que nos axudará a mergullar e comprender con maior profundidade o mundo do Trastorno do Espectro Autista (TEA), compartindo a súa experiencia e achegándonos a unha realidade chea de matices e riqueza, grazas á súa charla «Entendendo de verdade o autismo».
O 18 de novembro, o Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela abrirá as súas portas para público escolar ás 11.00, e xeneral ás 19.00 h, para abordar o TDAH ao longo da vida con María del Pilar de Castro Manglano, psiquiatra especializada en adolescentes, que nos guiará para descubrir e comprender en profundidade o universo TDAH, achegando a súa experiencia e compromiso na problemática da infancia e a mocidade.
Esta nova edición de «Educación século XXI» está incluída no programa «Cultura por alimentos», mediante o cal Afundación, en colaboración con FESBAL, anima á doazón de produtos non perecedoiros a modo de entrada solidaria, que se poderán depositar nos contedores habilitados para o efecto nos espazos de Afundación, para a súa posterior doazón ao banco de alimentos local.