• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias ABANCA e Afundación repartiron durante as vacacións 80.000 menús a menores en risco de pobreza
Sala de prensa
ABANCA e Afundación repartiron durante as vacacións 80.000 menús a menores en risco de pobreza

ABANCA e Afundación repartiron durante as vacacións 80.000 menús a menores en risco de pobreza

mércores, 09 de setembro de 2020
RSC Institucional

O programa «Cubertos», impulsado por ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, en colaboración con concellos e entidades sociais co obxectivo de garantir unha alimentación saudable durante as vacacións escolares a menores en risco de pobreza ou exclusión social, finaliza a súa actividade. Grazas a este proxecto, desde o pasado mes de xullo puidéronse repartir preto de 80.000 menús, 1.650 ao día de luns a venres, nas sete principais cidades galegas.

Para o correcto desenvolvemento deste programa de apoio social foi imprescindible o labor dos 100 membros do equipo da Obra Social de ABANCA e os 120 voluntarios e voluntarias tanto de ABANCA como de Afundación que se encargaron de preparar a distribución, entregar os menús e atender ás familias. Para eles este programa supuxo «un achegamento á realidade de moitas familias que o están pasando moi mal. Esta experiencia fainos reflexionar e ser conscientes do afortunados que somos algúns -comentan- , así como ser partícipes activamente na sociedade, cubrindo un oco que estaba sen atender». Ademais do propio servizo, os usuarios de «Cubertos» subliñan a proximidade e calidez no trato recibido ao longo do programa.

Os menús distribuíronse na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol en colaboración coas administracións locais e distintas entidades sociais, segundo cada municipio. Para iso, habilitáronse un total de 22 puntos de recollida, para facilitar a accesibilidade das familias con localizacións adecuadas ás súas necesidades.

ABANCA e Afundación impulsan este programa dentro do seu compromiso coas persoas máis vulnerables, conscientes de que o impacto provocado polo coronavirus esixe unha resposta rápida e coordinada para facer fronte ás necesidades inmediatas de quen máis o precisa. Ambas as entidades secundan o obxectivo común das administracións e entidades de iniciativa social de mobilizar a solidariedade cidadá e das empresas, fomentando ademais o voluntariado e a responsabilidade compartida na construción dunha sociedade máis xusta e cohesionada.

A crise sanitaria provocada pola COVID-19 agravou os niveis de pobreza da infancia en España que entidades do terceiro sector como UNICEF, Cáritas ou_Save the children_ situaban xa antes da pandemia en niveis alarmantes. Neste contexto, no que se fai imprescindible ampliar os programas de protección social tanto públicos como privados, ABANCA e Afundación puxeron en marcha o programa «Cubertos».

Menús saudables

Conscientes de que unha correcta alimentación é esencial para a saúde das persoas, máxime no caso das nenas e nenos que se atopan en fase de crecemento, os menús do programa «Cubertos» elabóranse seguindo as recomendacións da Estratexia NAVES da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), que engloba accións para inculcar hábitos de vida saudables a través da alimentación e o exercicio.

Con este obxectivo, os menús, preparados en empresas galegas especializadas e supervisados por nutricionistas, son equilibrados e orientados á idade e gustos dos menores e elabóranse con produtos frescos de provedores locais. Así mesmo, na preparación dos menús atendeuse ás necesidades específicas dos nenos e nenas participantes con intolerancias, alerxias ou outras particularidades.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078