• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación e Matia Instituto promoven unhas xornadas en Vigo para repensar o envellecemento
Sala de prensa
Afundación e Matia Instituto promoven unhas xornadas en Vigo para repensar o envellecemento

Afundación e Matia Instituto promoven unhas xornadas en Vigo para repensar o envellecemento

martes, 10 de marzo de 2026
Mayores

Nun contexto de crecente lonxevidade, o reto actual non consiste en vivir máis anos senón en facelo con benestar, propósito e sentido. Partindo desta perspectiva, Afundación promove o vindeiro luns 16 de marzo na súa Sede de Vigo as II Xornadas «Coñecendo as emocións», un foro para repensar o envellecemento desde unha mirada positiva que, sen ignorar as perdas e desafíos vitais propios desta etapa, poña en valor as fortalezas necesarias para afrontalos, adaptarse aos mesmos e seguir construíndo unha vida con sentido.  O encontro, que se celebrará de 10.00 a 14.00 h, está dirixido a profesionais e estudantes dos ámbitos social e sanitario, entidades do sector e público xeral.

A iniciativa enmárcase no programa «Coñecendo as emocións», que Afundación impulsa desde 2017 en colaboración con Matia Instituto, e que ten como obxectivo incorporar a dimensión emocional como un eixo estratéxico na forma de abordar o envellecemento e o benestar na vellez.

María Teresa Sancho, directora xeral do IMSERSO, unha das maiores expertas sobre envellecemento a nivel internacional e recoñecida por Nacións Unidas como unha das 50 líderes mundiais que máis contribuíron a transformar a sociedade para envellecer mellor, abordará na conferencia inaugural das xornadas o marco estratéxico europeo para un bo envellecemento: «Envellecer é vivir».

A filósofa e catedrática de Humanismo e resiliencia social Anja Machielse, pronunciará a conferencia marco «Envellecemento significativo e resiliencia: claves para o benestar emocional na vellez». As súas achegas cuestionan os modelos normativos do envellecemento activo e demostran que o sentido da vellez non depende de grandes proxectos nin de estar permanentemente activo senón de ter vínculos significativos, da identidade, da continuidade vital e da validación emocional.

Na segunda parte da xornada presentaranse os resultados e experiencias da rede do programa da Obra Social de ABANCA «Coñecendo as emocións». Será en dúas mesas redondas nas que estarán tanto persoas participantes no programa, como profesionais e investigadores de Afundación, Matia Instituto, e de entidades sociais e de coidados que integran a rede.

UNHA REDE EN TORNO AO BENESTAR EMOCIONAL

Afundación e Matia impulsaron cos seus programas de benestar emocional unha rede integrada hoxe por 16 organizacións que implementaron o proxecto en 26 localidades de Galicia e Madrid, coa participación ata o momento de máis de 1200 persoas.  O propósito desta rede é compartir aprendizaxes, metodoloxías e poñer en común o coñecemento do conxunto de profesionais  que participan na mesma para xerar propostas que contribúan á mellora do benestar emocional a medida que envellecemos.

A experiencia acumulada ao longo destes anos e, especialmente, os testemuños das persoas participantes, mostraron que traballar as competencias emocionais non só contribúe a comprender e xestionar mellor as emocións, senón que tamén favorece procesos vinculados cun envellecemento máis significativo.  «Escoitando ás persoas implicadas e os relatos sobre o que representa para elas a participación no programa, detectamos que nos din algo que vai moito máis alá da comprensión ou regulación emocional. Fálannos de experiencias propias vinculadas a un envellecemento significativo.», destaca Sara Marsillas, investigadora de Matia Instituto,

«Xerar espazos seguros onde compartir emocións, expresalas sen xuízo, validalas e sentir que a propia experiencia é comprendida e valorada, contribúe a fortalecer os vínculos cos demais e a reforzar o sentido que cada persoa dá á súa propia vida», engade Sabela Couceiro, coordinadora da área de Maiores de Afundación.

 

Imaxes AQUÍ

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078