• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación e a Xunta de Galicia achegan a Lugo a realidade da Galicia dos anos sesenta con fotografías de Nicolás Muller
Sala de prensa
Afundación e a Xunta de Galicia achegan a Lugo a realidade da Galicia dos anos sesenta con fotografías de Nicolás Muller

Afundación e a Xunta de Galicia achegan a Lugo a realidade da Galicia dos anos sesenta con fotografías de Nicolás Muller

martes, 21 de outubro de 2025
Cultura

Afundación, Obra Social ABANCA, e a Xunta de Galicia inauguraron hoxe martes 21 de outubro, ás 11.00 h, na Sede Afundación Lugo a exposición «Nicolás Muller en Galicia». A mostra, que recolle imaxes que un dos grandes documentalistas da Europa do século XX tirou durante as súas viaxes á comunidade, poderá visitarse ata o vindeiro 21 de febreiro, de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h.

Na inauguración estiveron Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora xerente da Cidade da Cultura; María Teresa Cores, coordinadora de Cultura de Afundación; Zaira Dapena, directora territorial de ABANCA en Lugo; Ana Muller, filla do fotógrafo; e José Ferrero, comisario da exposición.

As imaxes están dispoñibles aquí.

María Teresa Cores, pola súa banda, quixo salientar o marco de colaboración institucional como un dinamizador de actividades de alta calidade que, ademais, favorecen a capilaridade cultural polo territorio. «Esta mostra é unha ocasión extraordinaria para reflexionarmos sobre a nosa identidade recente e que nos permite, ademais, que un dos públicos no que máis nos centramos en Afundación, o escolar, se achegue á nosa historia e á nosa cultura tamén desde unha óptica emocional». Antes mesmo da inauguración da mostra, xa máis de mil escolares tiñan reservada a súa praza para visitar esta exposición da man do equipo da Área Educativa de Afundación.

José Ferrero e Ana Muller puxeron de manifesto a relevancia do testemuño recollido nas imaxes de Muller e da oportunidade de que agora, tantos anos despois, a súa obra se estea dando, por fin, a coñecer, porque no seu momento, todo este repertorio pasara bastante desatendido. De feito, salientaba Ana Muller que o seu pai nunca chegara a ver estas imaxes positivadas.  

Ana Isabel Vázquez remarcou as enormes posibilidades do marco de colaboración interinstitucional e destacou, neste sentido, o longo percorrido que xa une Afundación e a Fundación da Cidade da Cultura na divulgación e organización de propostas culturais e artísticas de primeiro nivel.

«Nicolás Muller en Galicia» ofrece unha selección de 49 imaxes, das cales 34 non foran expostas nin publicadas antes da creación desta mostra, que retratan con humanidade e proximidade as clases máis desfavorecidas. O proxecto expositivo inclúe tamén un audiovisual que contextualiza a figura do autor desde unha óptica actual, destacando a relevancia do seu traballo para achegarnos ao noso pasado e comprendernos como sociedade.

 

Nicolás Muller (Orosháza, Hungría, 1913 – Llanes, Asturias, 2000) é considerado un dos grandes fotógrafos documentais do pasado século. Viaxou ao norte da península por un encargo da editorial Clave, que lle pedira a creación de instantáneas para unha serie de libros que debían mostrar unha imaxe moderna de España. O seu obxectivo era romper o illamento do país e, ao mesmo tempo, tornalo atractivo para o turismo e o investimento estranxeiro. Con todo, as fotografías de Muller reflicten unha fonda ollada humanista, centrándose nas xentes traballadoras, as mulleres e os nenos.

 

O foco posto nas persoas

Nicolás Muller era capaz de comunicarse coa súa cámara e de captar momentos da vida cotiá como xogos infantís, sorrisos e olladas cómplices cunha humanidade especial que foxe do espectáculo ata nos seus retratos das clases máis desfavorecidas. Así, o discurso expositivo artéllase ao redor de cinco temas clave para entender a súa obra: o territorio, o mercado, o mar, a muller e o traballo, e o urbanismo e a modernidade.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078