• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación e o sector pesqueiro e marisqueiro retiran 146 toneladas de residuos co proxecto PLANCTON
Sala de prensa
Afundación e o sector pesqueiro e marisqueiro retiran 146 toneladas de residuos co proxecto PLANCTON

Afundación e o sector pesqueiro e marisqueiro retiran 146 toneladas de residuos co proxecto PLANCTON

xoves, 29 de xaneiro de 2026
RSC

Botellas de vidro e plástico, latas, vasos, tapóns, máscaras, bastonciños, toalliñas, cabichas, pneumáticos, nasas e redes ou tarugos de batea son algúns dos obxectos que de forma recorrente atopan en praias e fondos mariños as persoas voluntarias que colaboran no proxecto PLANCTON. Os tempos estimados nos que algúns destes residuos poden chegar a descompoñerse oscilan entre os 10 anos dunha cabicha ata os 400 das máscaras, 500 das botellas de plástico ou os 1000 dos pneumáticos.

No marco de PLANCTON, impulsado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración co sector pesqueiro e marisqueiro, puidéronse retirar en cinco anos 146 toneladas de residuos de areais e fondos mariños de distintas zonas costeiras de Galicia. Este programa multidisciplinar iniciouse en 2021 co obxectivo principal de promover unha conciencia sostible na sociedade facendo visible o impacto negativo do lixo mariño nos ecosistemas. 

Os resultados da edición de 2025 presentáronse esta mañá nunha rolda de prensa que contou coa participación de Pedro Otero, director xerente de Afundación; Javier Fraga, director de ABANCA Mar; Chus González, presidenta da Federación de Redeiras Artesás; José Manuel Mourelo, coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación; e Saleta González, directora técnica do proxecto PLANCTON.

 

Imaxes da rolda de prensa, dispoñibles AQUÍ

 

Máis de 1100 persoas voluntarias de ABANCA e Afundación, así como de distintos colectivos do sector pesqueiro e marisqueiro e outras entidades que participaron directamente nas diferentes xornadas de limpeza en fondos e costas, e máis de 190 embarcacións fixeron posible un ano máis esta iniciativa, que ten como obxectivo fomentar a conservación e sustentabilidade das actividades socioeconómicas realizadas no mar.

Todo este esforzo en común permitiu que anualmente se incrementen significativamente as toneladas recollidas: en 2025 retiráronse 51 toneladas de residuos das praias e fondos marítimos de Galicia, 8 máis que na anterior edición.

Pedro Otero, director xerente de Afundación, subliñou na súa intervención a importancia do traballo colectivo de PLANCTON, que un ano máis suma a implicación de múltiples entidades, máis de corenta, de ámbitos diversos «ante o obxectivo esixente de traballar para un futuro sostible nun presente ambientalmente comprometido. Este ambicioso plan multidisciplinar, que inicia xa a súa sexta edición, pretende non só reducir os residuos existentes, algo transcendental, sen dúbida, senón sobre todo sensibilizar ao sector pesqueiro sobre prácticas sostibles –e para iso contamos coa súa máxima implicación– e trasladar esta visión en xeral á sociedade e, particularmente aos mozos, a través de distintas propostas educativas».

Pola súa banda, en representación do sector pesqueiro e marisqueiro, Chus González, presidenta da Federación de Redeiras Artesás, que engloba a 7 asociacións repartidas por toda a costa galega, destacou a importancia de seguir formando e visibilizando. Chus González explicou como «partindo da sostibilidade do noso propio oficio, desde a asociación traballamos na separación de residuos e a súa reciclaxe, un labor aliñado co proxecto PLANCTON, no que estamos implicadas sobre todo na difusión e formación e no que nos imos a implicar de forma máis extensa na edición que comeza».

Javier Fraga, director de ABANCA Mar, incidiu pola súa banda en que «o éxito o é como tal porque é un modelo de colaboración que permite dar visibilidade aos colectivos pesqueiros e marisqueiros que son os principais axentes de sostibilidade do medio. A súa suma permitiu que a mensaxe calase xa en miles de persoas e é importante que a sociedade saiba que o sector é o máis interesado en coidar a contorna».

 

Nesta quinta edición de PLANCTON realizáronse 15 limpezas de lixos mariños, 9 en praias e 6 en fondos marisqueiros, nos concellos da Coruña, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Burela, Cambados, Carballo, Ferrol, Muros, O Grove, Redondela, Ribeira e Sanxenxo.

Ademais da limpeza de residuos, e tras constatar que as especies botánicas invasoras constitúen unha ameaza cada vez maior para a biodiversidade da contorna, en 2025 incidiuse significativamente na súa erradicación. Así, durante este período retiráronse 7 toneladas do total das 19 eliminadas desde o inicio do proxecto.

Nesta nova edición desenvolvéronse tamén campañas específicas co obxectivo de concienciar sobre a importancia de compatibilizar as actividades relacionadas co turismo, coa conservación da contorna. Así, durante o verán púxose en marcha por cuarto ano consecutivo a campaña «Goza da praia sen deixar pegada», para impulsar boas prácticas nos areais con zonas dedicadas ao marisqueo. Tamén se presentou a iniciativa «O mar empeza aquí», dirixida a concienciar sobre a facilidade con que os residuos urbanos que se lanzan nas rúas ou directamente nos sumidoiros poden acabar no mar.

PLANCTON, enmarcado na estratexia de sustentabilidade de ABANCA e Afundación e das súas actividades de voluntariado ambiental, foi un ano máis un gran eixo vertebrador de distintos axentes, entre os que figuran entidades do sector pesqueiro, como as confrarías de pescadores e asociacións de mariscadoras, asociacións de pesca recreativa e clubs náuticos, portos, concellos, protección civil, garda civil, universidades e centros escolares, empresas, entidades do terceiro sector e grupos naturalistas, persoas socias dos espazos +60 de Afundación ou o Parque Nacional das Illas Atlánticas,  alcanzando, así, un gran impacto en sectores sociais diversos, que se incrementa en cada edición.

Todo iso, de acordo con o compromiso de ABANCA e Afundación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, de maneira especial cos ODS-13 Acción polo clima, ODS-14 Vida submarina e ODS-17 Alianzas para lograr obxectivos, como é o caso deste tipo de colaboracións coas confrarías na mellora e coidado das costas e do mar.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078