• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación reanuda «Educación século XXI» centrado na saúde emocional e física, e na nutrición como base para ambas
Sala de prensa
Afundación reanuda «Educación século XXI» centrado na saúde emocional e física, e na nutrición como base para ambas

Afundación reanuda «Educación século XXI» centrado na saúde emocional e física, e na nutrición como base para ambas

luns, 22 de setembro de 2025
Conocimiento y Formación

Afundación renovará o 30 de setembro o seu ciclo de conferencias «Educación século XXI», unha referencia para a comunidade educativa. O programa ten como obxectivo, partindo da importancia dunha educación asentada en valores, proporcionar tanto aos docentes como ás nenas e nenos e ás súas familias, técnicas, mecanismos e estratexias que favorezan a convivencia na contorna escolar. A necesidade de consolidar un marco de educación asentado na ética, a inclusión e o apoio recíproco de toda a comunidade educativa é un dos principios que se seguen nas actividades didácticas desenvolvidas en Afundación. A través de «Educación século XXI», a Obra Social de ABANCA pretende atender e dar resposta ás principais inquietudes presentes na comunidade educativa da man das propostas de figuras de referencia en ámbitos como a pedagoxía, a psicoloxía, a filosofía, o dereito ou a medicina.

Por tanto, nesta nova edición do programa continúanse abordando algunhas das casuísticas de maior interese por parte das diferentes partes integradoras da comunidade educativa. Así, nesta ocasión ponse o foco na saúde nas súas diferentes dimensións: a emocional, a física e a nutricional como base para o correcto desenvolvemento das dúas primeiras.

As inscricións para público escolar pódense tramitar aquí e as de público adulto, proximamente en Ataquilla.com.

 

As imaxes están dispoñibles aquí.

 

 

Conferencias para público escolar e adulto

A conferencia inaugural da nova edición deste ciclo terá lugar o próximo 30 de setembro na Sede Afundación de Pontevedra ás 11.00 h para público escolar, como anticipo do foco na saúde física e emocional que engloba o mes de outubro.

En «O impacto da arte no benestar emocional», Ferrer i Balsebre compartirá a súa visión sobre a importancia das artes como poderosa ferramenta para canalizar e expresar as emocións, resaltando como a creatividade pode ser un camiño enriquecedor para o benestar emocional e a saúde mental. Unha reflexión que convida a valorar a arte non só como expresión, senón tamén como unha vía para o equilibrio interior.

O 20 de outubro, no Auditorio do Teatro Afundación Vigo, ás 11.00 h para escolares e ás 18.30 h para público xeral, terá lugar a conferencia de Boticaria García «O meu cerebro ten fame». Na súa intervención, salientará a importancia fundamental da alimentación para manter e promover a saúde mental, resaltando como unha dieta equilibrada pode ser un piar clave no noso benestar emocional e psicolóxico. Este enfoque integral convídanos a reconsiderar a relación entre o que consumimos e o noso estado mental, promovendo hábitos que beneficien tanto o noso corpo como a nosa mente.

O 30 de outubro, para escolares ás 11.00 e para público adulto ás 19.00 h, a Sede Afundación A Coruña acollerá a conferencia «Insatisfacción xuvenil coa imaxe corporal, cirurxía?», na que Francisco Martelo abordará o complexo mundo das presións relacionadas coa imaxe en adolescentes, reflexionando sobre a problemática da dismorfia corporal e o seu impacto na autoestima e o benestar dos máis novos.

O 11 de novembro, no marco do mes dedicado á neurodiversidade, a Sede Afundación Pontevedra acollerá dúas conferencias, no horario das anteriores, a cargo de Daniel Millán, psicólogo especializado en autismo, que nos axudará a mergullar e comprender con maior profundidade o mundo do Trastorno do Espectro Autista (TEA), compartindo a súa experiencia e achegándonos a unha realidade chea de matices e riqueza, grazas á súa charla «Entendendo de verdade o autismo».

O 18 de novembro, o Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela abrirá as súas portas para público escolar ás 11.00, e xeneral ás 19.00 h, para abordar o TDAH ao longo da vida con María del Pilar de Castro Manglano, psiquiatra especializada en adolescentes, que nos guiará para descubrir e comprender en profundidade o universo TDAH, achegando a súa experiencia e compromiso na problemática da infancia e a mocidade.

 

Esta nova edición de «Educación século XXI» está incluída no programa «Cultura por alimentos», mediante o cal Afundación, en colaboración con FESBAL, anima á doazón de produtos non perecedoiros a modo de entrada solidaria, que se poderán depositar nos contedores habilitados para o efecto nos espazos de Afundación, para a súa posterior doazón ao banco de alimentos local.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078