• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación promove un ciclo de conferencias sobre IA impartidas por un voluntario sénior do seu Espazo +60
Sala de prensa
Afundación promove un ciclo de conferencias sobre IA impartidas por un voluntario sénior do seu Espazo +60

Afundación promove un ciclo de conferencias sobre IA impartidas por un voluntario sénior do seu Espazo +60

venres, 10 de abril de 2026
Mayores

Chámase Pedro Díaz Ferreiro. Entre os logros que tivo na súa carreira profesional está o de haber sido o director comercial da primeira franquía da desaparecida empresa Airtel en España. Hoxe é unha das persoas socias dos Espazos +60 de Afundación, e durante este mes impartirá formación sobre intelixencia artificial (IA) aos seus compañeiros dos Espazos +60 e a quen queira asistir.

As formacións permitirán ás persoas asistentes saber máis sobre o momento actual da IA, e mellorar coñecementos, ou aprender desde cero, sobre o uso de algunhas ferramentas. Díaz Ferreiro impartirá un total de 3 charlas na serie de conferencias «A revolución da intelixencia artificial». Celebraranse os días 13, 20 e 27 de abril ás 19 horas no Espazo +60 de Afundación en Santiago (Carreira do Conde, 18). A actividade é de carácter gratuíto, previa inscrición telefónica (981 580 385) ou directamente, e con anterioridade, na propia sede das charlas.

 

Persoas maiores coma divulgadoras tecnolóxicas

O enfoque da serie de conferencias «A revolución da intelixencia artificial» vai máis alá da difusión do coñecemento. Tamén ten o obxectivo de poñer en valor a experiencia e capacidade das persoas maiores como divulgadoras tecnolóxicas.

Esta actividade está vencellada a senllos proxectos de Afundación: un deles, denominado «O valor da experiencia», ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e favorecer o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado. O obxectivo do outro proxecto, «Igualdade Dixital», presentado o pasado 24 de marzo, é apoiar a mellora das competencias tecnolóxicas das persoas de máis de 60 anos.

 

Os temas

A primeira das conferencias de Pedro Díaz Ferreiro titúlase A revolución silenciosa da IA. Referirase a DeepSeek e o Proxecto Stargate, dous fitos tecnolóxicos distintos, un de China e o outro de EE.UU, que representan a actual guerra fría da IA.

A sesión do 20 de abril leva por título Deep Research (Pensamento profundo). Gemini Live. Na terceira xornada, a do luns 27 de abril, as persoas asistentes aprenderán a xerar imaxes, a converter bosquexos en infografías ou a crear cómics, con ferramentas de IA a través de textos.

 

«Igualdade Dixital»

As conferencias de Santiago tiveron un antecedente en Ferrol o pasado 30 de marzo. No Espazo +60 da cidade departamental, o escritor e experto en TICs Florentino Blas Fernández Cueto impartiu o obradoiro Como convivir coa IA de forma segura.

Tanto esa actividade como as de Santiago forman parte das 83 accións gratuítas que Afundación celebra nos meses de abril e maio en 11 localidades de toda Galicia. Na rede de Espazos +60 de Afundación haberá un total de 88 cursos de 1,5 horas cada un, neses dous meses, para a formación en competencias dixitais.

«Igualdade Dixital» constrúese arredor dunha plataforma web de formación en liña sobre o uso seguro de móbiles e as súas aplicacións. Está pensada tanto para a autoformación como para servir de apoio a proxectos formativos e para o seu uso por formadores ou mentores dixitais. Ten por obxectivo dinamizar o proceso de adquisición de competencias dixitais das persoas maiores de 60 anos.

 

 

Hai imaxes de arquivo de actividades relacionadas nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078