• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación, primeira entidade privada que incorpora o cómic á súa Colección de Arte
Sala de prensa
Afundación, primeira entidade privada que incorpora o cómic á súa Colección de Arte

Afundación, primeira entidade privada que incorpora o cómic á súa Colección de Arte

mércores, 20 de setembro de 2017
Cultura

 Afundación é a primeira entidade privada española que encarga e adquire para o seu patrimonio unha historieta inspirada na súa Colección de Arte, seguindo así a liña iniciada por entidades públicas como o Museo Nacional del Prado e o IVAM de Valencia, que integraron nas súas coleccións páxinas orixinais de cómics. A historieta, Pikiblinder, encargada ao debuxante, pintor e escritor Jacobo Fernández Serrano, está inspirada en 26 obras emblemáticas de autores como Francisco Leiro, Eugenio Granell, Laxeiro, Julia Minguillón, Castelao ou Urbano Lugrís. Unha iniciativa que mostra unha vez máis, en palabras do comisario da exposición, o historiador Asier Mensuro, «a notable sensibilidade de Afundación cara a novena arte, como o é tamén que entre os seus fondos patrimoniais figuren diversas tiras de prensa de Castelao publicadas no Diario Galicia (1922-1924)». «A riqueza de Pikiblinder radica en que o autor reflexiona sobre a Colección de Arte Afundación, sobre a creación pictórica e sobre a modernidade creativa na que non existen puros, senón híbridos. Dita reflexión só é posible desde o ámbito da novena arte xa que este medio permite un achegamento diferente e novo, unha nova mirada sobre as coleccións de arte», subliña Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación. O proxecto desenvólvese no contexto da exposición «A Arte no Cómic», producida pola Fundación Telefónica, que se inaugura o vindeiro venres na Sede Afundación da Coruña.

A historieta, de cinco páxinas, está protagonizada por Pikiblinder, quen se ve obrigado a cumprir unha misión na que se enfronta a diversos perigos, entre eles un sol abrasador que o cega, obrigándoo a buscar algún tipo de obxecto que lle sirva de sombreiro. Así elixe, en primeiro lugar, unha cesta de peixe, que emula a Manuel Colmeiro na súa obra Pescadores (1973), á que segue unha figura antropomorfa inspirada na escultura Molido (1999), de Leiro. Outra cita relevante é a Enana pintora (1970) de Laxeiro, retratada pintando un cómic, en lugar dun cadro. Jacobo Fernández fai tamén referencias ao mundo da historieta coa obra Regreso do indiano (1918), de Castelao, e engade unha serie de trazos abstractos que evocan a obra de Alberto Datas, mestre do autor. Así ata un total de 26 obras da Colección de Arte de Afundación como Máscaras (Maruja Mallo, 1942), Romería (Urbano Lugrís, 1953), Cencerrada (Laxeiro, 1950), Tríptico marinero (Carlos Sobrino, 1931), Tyla y yo (Julia Minguillón, 1943) ou Paisaje (Pérez Villaamil, 1848), entre outras.



O AUTOR

Jacobo Fernández Serrano debuxante, pintor e escritor, é o creador da serie dos Arquivos do achimboldo Roque para a revista Golfiño, que posteriormente foi publicada nun único álbum. Tras crear este personaxe, o artista vigués inicia a súa colaboración coa publicación periódica Dos veces breve e a revista BD Banda, na que publica a serie Animais pantasma, colaboracións que alterna co deseño de banda deseñada para nenos. Fernández Serrano é, ademais, autor das novelas gráficas Aventuras de Cacauequi (2007), coa que obtén o III Premio Castelao da Deputación da Coruña e Breve Encuentro (2012), da colección infantil Marcopola, la isla remera (2009-2015) e de Mil cousas poden pasar (2009), coa que logra o Premio Merlín de Literatura Infantil.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078