• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presentará «Castelao grafista (facsímile)» en Rianxo, a vila natal do insigne intelectual galego
Sala de prensa
Afundación presentará «Castelao grafista (facsímile)» en Rianxo, a vila natal do insigne intelectual galego

Afundación presentará «Castelao grafista (facsímile)» en Rianxo, a vila natal do insigne intelectual galego

mércores, 25 de febreiro de 2026
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, veu homenaxeando desde o ano 2020 o insigne intelectual e político rianxeiro coa mostra «Castelao grafista (facsímile)», conformada por fondos procedentes das coleccións ABANCA e Afundación, producida pola Fundación Torrente Ballester e incluída no programa «Corrente cultural», desenvolvida en colaboración con ABANCA e os diferentes concellos galegos.

Tras os diferentes eventos celebrados ao longo de 2025, «Ano Castelao», esta mostra, unha das máis visitadas de Afundación, chega a Rianxo, vila natal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, co propósito de dar continuidade á homenaxe a un home imprescindible na cultura e política galegas do século XX cadrando coa conmemoración do 140 aniversario do seu nacemento. O seu legado, tanto narrativo, como ensaístico, investigador, político, pictórico ou grafista, constitúe un dos máis relevantes do sistema galego. Coa presentación desta exposición de Afundación en Rianxo, búscase seguir promovendo o coñecemento e o estudo dun home e dun tempo decisivos para o devir da Galicia contemporánea.

As imaxes de parte da obra exposta están dispoñibles aquí.

A inauguración, en presentación a medios, terá lugar o vindeiro mércores, 4 de marzo, ás 13.00 h, no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo, e contará coa presenza do alcalde, Julián Bustelo Abuín; o coordinador institucional de ABANCA na provincia da Coruña, José Manuel Vilariño Orgeira; a directora da oficina de ABANCA en Rianxo, Paula Outeiral Martínez; e a coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación, Paloma Vela Garicano.

A exposición permanecerá aberta ata o 1 de abril na sala de exposicións do propio centro sociocultural, en horario os luns de 10.00 a 14.00 h, e de martes a sábado de 11.00 a 13.00 e de 17. 00 a 20.00 h.  

Como complemento a esta mostra, e co obxectivo de promover a educación e o coñecemento a través da cultura, a Obra Social de ABANCA desenvolveu un exhaustivo e atractivo programa didáctico deseñado para o alumnado a partir de 4.º de primaria asentado en dúas partes: unha visita comentada e unha proposta artística e de STEAM no obradoiro.

Enmarcada tamén na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais, a entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar esta exposición.

 

«Castelao grafista (facsímile)»

A mostra, que conta coa facsímiles de pezas procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación así como doutras coleccións privadas e públicas, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbums de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, poderanse ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078