• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presenta unha programación de actividades para escolares adaptada á nova normalidade
Sala de prensa
Afundación presenta unha programación de actividades para escolares adaptada á nova normalidade

Afundación presenta unha programación de actividades para escolares adaptada á nova normalidade

mércores, 02 de setembro de 2020
Cultura Conocimiento y Formación

02.09.2020. Co convencemento de que agora máis ca nunca os nenos e nenas en idade escolar deben contar coa proximidade das artes, a cultura e a formación multidisciplinar como canle para o crecemento persoal e o desenvolvemento social, e o corpo docente con novas ferramentas e apoio para afrontar o cambio de paradigma no labor da docencia derivado da crise sanitaria actual, o equipo da Área Educativa de Afundación, a Obra Social de ABANCA, deseñou unha programación de actividades educativas para o curso 2020-2021 adaptada á chamada nova normalidade. Trátase dunha programación híbrida, con propostas de perfil virtual e presencial. Desta forma, os docentes e estudantes contarán coa posibilidade de asistir in situ a aquelas propostas que se realicen, no caso de que se dean as condicións, de forma presencial, e, á súa vez, de seguilas de forma online, xa que se retransmitirán en streaming a través do novo portal da entidade, Afundación TV. Ademais, contarán con recursos en liña dos que poderán facer uso como complemento e apoio á docencia tanto no caso de que houbese que impartir as clases a distancia como na propia aula.

 

A PROGRAMACIÓN

A oferta abarca actividades en ámbitos como o das artes escénicas, a danza e a música, con representacións teatrais tanto presenciais como en streaming que se complementarán con encontros vía online con algúns dos membros das compañías, o que axudará a establecer e reforzar as relacións entre o alumnado e o mundo das artes. Tamén se inclúen propostas no ámbito das artes plásticas e visuais; a cultura científica e medio ambiente; lingua e literatura galegas; tecnoloxía e seguridade; economía e educación financeira; aprendizaxe interxeracional e inglés. Unha das principais novidades é a implantación da aula STEAM mediante a cal se darán contidos básicos de programación e robótica aplicada ás artes e ao medio ambiente.

A Biblioteca Infantil e Xuvenil de Afundación de Santiago de Compostela igualmente terá un papel importante dentro do programa xa que, xunto á Colección de Arte Afundación, ofrecerá unha importante selección de historias e contos animados coas lendas e a historia de Galicia como protagonistas.

Ademais, todos os proxectos expositivos que desenvolva Afundación contarán cunha versión virtual, para poder percorrer as mostras sen necesidade de atoparse nelas fisicamente, e con material didáctico adicional ao dispor dos estudantes, un interesante complemento para apoiar o labor educativo das aulas.

Así mesmo, Afundación continúa co programa «Educación século XXI», un ciclo de conferencias que este ano se impartirán de forma virtual e presencial e que teñen como obxectivo crear un marco para a reflexión sobre o labor e os retos aos que se enfrontan nais, pais, profesores e estudantes na educación actual, ampliando así o ámbito de actuación da entidade a toda a comunidade educativa. No marco deste programa, grandes especialistas falarán sobre novos estudos, tendencias, sinerxías interdisciplinares ou innovación metodolóxica para sentar as bases cara a un cambio real e necesario no ámbito académico.

As conferencias que se impartirán de maneira virtual serán a do 1 de outubro co premiado profesor César Bona, a do día 22 dese mesmo mes con recoñecido psicólogo Javier Urra, e o ciclo «Os trastornos da aprendizaxe» que se desenvolverá os días 12, 19 e 26 de novembro e 3 de decembro da man de Anna Sans, neuróloga infantil.

De xeito presencial, á espera de como transcorra a situación sanitaria, só se impartirá unha a cargo do docente Víctor Arufe, premio Educa ABANCA ao mellor docente de España na categoría Universidade.

 

Toda a información da actividade de Afundación, na nosa SALA DE PRENSA.

 

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078